Nota de prensa
Nun acto acontecido no Salón de Actos da Casa da Cultura
O CONCELLO DE LOURENZÁ ENTRAGA OS TÍTULOS DE MANIPULADOR ARTESANAL DE PRODUCTOS AGRARIOS (CONSERVAS) E OS CARNES DE MANIPULADORES DE FITOSANITARIOS
• A Concelleira de Medio Rural foi a encargada de Presidir o Acto e de entregar os títulos e carnes
Lourenzá, 2 de Xullo do 2011.- O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Lourenzá albergou a entrega de títulos de Manipulador Artesanal de Produtos Agrícolas (Conservas) e os Carnes de manipuladores de fitosanitarios aos asistentes aos correspondintes cursos celebrados nos meses pasados a través de ASAJA.
O Acto de entrega estivo presidido pola Concelleira de Medio Rural, Emma Alvarez que manifestou “que é un pracer organizar cursos de formación neste Concello” pola boa aceptación que ten”. Durante este inverso foron varios os cursos que se ofertaron aos veciños ademáis dos xa mencionados, Cursos de Cociña, de Informática – precisamente mañá luns empeza outro novo curso de informática – , restauración de mobles, benestar animal….