Nota de Prensa
Balseiro Orol lamenta o tempo perdido ata o momento polo Executivo socialista que deixou abandonados durante semanas á flota, pois non estaba acompañada na zona de pesca nin polo barco hospital nin polo buque da armada
O GRUPO POPULAR FELICÍTASE POLA RECTIFICACIÓN DO GOBERNO CENTRAL QUEN XA ORDENOU O DESPREGUE DOS MEDIOS EN APOIO DA FLOTA DO BONITO
Os populares esperan que esta situación non volva a producirse no futuro e para iso reclaman o apoio á iniciativa parlamentaria dirixida a esixir ao Executivo o despregue do operativo loxísitico de apoio á esta flota desde o primeiro día da costeira e nunha soa fase.
Burela, 12 de xullo de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa felicitación pola rectificación do Goberno socialista quen ordenou o envio dos buques hospital Juan de la Cosa e da embarcación da Armada Chilreu, como medios de apoio á flota de bonito que está participando na campaña estival en augas do Atlántico.
Semanas despois de inciada a costeira –aló por mediados do mes de xuño- o Executivo central “reacciona” e responde “tardiamente” ás presións do Partido Popular e ao crecente malestar no sector ,quen acusaba ao Ministerio de abonar ás embarcacións pesqueiras e de negarlle o apoio a esta flota ao non despregar desde o primeiro día todos estes medios que en anos pasados acompañaban aos participantes na costeira estival desde o inicio da campaña.
Balseiro lamenta “o tempo perdido”, ainda que subliña que “nunca é tarde para rectificar, se é certo que estes medios están xa en compañía da flota boniteira”. Ao mesmo tempo insiste en que esta situación de desprotección “non debe volver a darse no futuro” e para iso lembra que o Grupo Popular xa rexistrou iniciativas dirixidas a esixir ao Executivo socialista que o despregue loxísistico de apoio á flota do bonito estea disposto nunha soa fase e desde o primeiro día da campaña.
O voceiro popular do Mar aplaudiu as xestións desenvolvidas pola Consellería que dirixe Rosa Quintana quen non dubidou en reclamar a celebración da xuntanza de coordinación, e lamentou que tivese que ser a raíz desta petición cando se dispuxese por parte do Ministerio estes medios. Destacou tamén a importancia da achega da Xunta a este operativo, que incluirá ao buque polivalente Sebastían de Ocampo e os helicópteros do Servizo de Gardacostas Pesca 1 e Pesca, estes últimos para colaborar coa flota sita no Golfo de Biscaia.
Balseiro, insiste que a intervención da Xunta en apoio desta flota foi imprescindible para acadar a rectificación do Ministerio e subliña que o compromiso da Consellería do Mar non se limita ao apoio loxístico senón que tamén contribúe cunha campaña de promoción comercial do bonito do norte, para ensalzar diante dos consumidores este produto de enormes garantías e calidade nutricional e hixiénico-sanitaria






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



