Nota de prensa
A ENTIDADE LARANXA PRESENTA A QUIQUE GARCÍA COMO TÉCNICO DO BURELA FS
O CD Burela FS presentou esta tarde o que será o técnico do Burela FS en 2011-12, Quique García, substituíndo o mariñán Suso Rey. O adestrador xienense, que ascendeu o Fuconsa Jaén FS á Divisitón Prata en 2009-10, estivo acompañado polo presidente e vicepresidente da entidade, José Ramón González Casas e Manuel Blanco, na formalización do contrato.
Tras unha brillante traxectoria como xogador de elite, no Zeluan Jaén FS, Caja Segovia ou Playas de Castellón, e con numerosas convocatorias como internacional, Enrique Javier García Martínez (Jaén, 1969) asumiu a dirección do Estinman Andújar FS en 2003-04 para levalo á División de Prata nese mesmo exercicio; despois de máis de dúas tempadas no Fuconsa Jaén, o andaluz pechou 2010-11 no Algarinejo FS, de Primeira Nacional A. O novo técnico laranxa tamén posúe experiencia como seleccionador autonómico, cos combinados andaluces sub-21 e sub-18.
Na súa presentación oficial, Quique García amosouse moi ilusionado coa etapa que comeza na Mariña, nun club polo que se decantou en virtude da solidez: “Considero que é unha das estruturas máis consolidadas e organizadas do fútbol sala, incluída a Primeira División. Ata aquí tráeme o proxecto e a confianza que depositou en min dende o primeiro momento o club”.
“Esa confianza quero devolvela con traballo; estes días comezaremos organizando a primeira plantilla e corpo técnico e a pretempada, para detectar as posibles necesidades. Dentro do plan organizativo, as categorías inferiores adquirirán moita importancia; a cadetes e xuvenís dedicarémoslles moitas horas de perfeccionamento e tecnificación” explicou o adestrador.
Con respecto á configuración da escuadra para 2011-12, o xienense quere ser fiel ao proxecto, apostando pola xuventude: “Hai xogadores que teñen contrato e quero contar coa base do ano anterior; temos que analizar en que postos específicos temos que reforzar o cadro. A xuventude será o eixe do equipo, aínda que tamén terán cabida os xogadores con experiencia”.
“O obxectivo dependerá loxicamente do cadro, pero pasa por estar entre os mellores da Segunda División como leva demostrando nos últimos anos; traballaremos por ofrecer o mellor fútbol sala para que a afección, acostumada á boa imaxe do equipo, poida seguir sentíndose orgullosa del” dixo Quique García.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
