Nota de prensa
O GOBERNO MUNICIPAL BURELÉS VALOROU A SITUACIÓN ECONÓMICA COA QUE SE ATOPOU AO CHEGAR AO CONCELLO E AFIRMOU QUE HAI FACTURAS PENDENTES DE PAGO POR IMPORTE DE 300 MILLÓNS DAS ANTIGAS PESETAS. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑOU QUE O PRESUPOSTO DESTE ANO ESTÁ PRÁCTICAMENTE ESGOTADO.
Burela, 5 de xullo de 2011. O goberno popular que preside José María González Barcia fixo hoxe unha valoración oficial da situación económica do Concello burelés que se ten atopado logo do cambio de goberno. A valoración non é en absoluto satisfactoria porque os datos son concluíntes. Os populares advirten que non se cubrirá o presuposto de ingresos.
Segundo explicou o rexedor “a data do luns da semana pasada, día 27 de xuño, había pendentes de pago facturas por algo máis de trescentos millóns das antigas pesetas, exactamente 1.810.281’87 euros. Do total, 685.785’77euros, correspóndense con facturas pendentes do ano 2010. No que se refire ó 2011, o total de facturas pendentes de pago ascende a 1.124.496’10 euros”.
González Barcia sinalou que “o goberno municipal do PP ten preparado un plan de pago destas facturas pendentes, que pasa por abonar primeiro, lóxicamente, todo o ano 2010, atendendo ós servizos municipais concesionados e que son prioritarios como a recollida do lixo, o alumeado público, a limpeza dos edificios que son de competencia municipal, ect… e tamén queremos pagarlles ós provedores de Burela”.
O alcalde, José María González Barcia, manifestou que “estas cifras son preocupantes, como tamén o é o case seguro incumprimento do presuposto de ingresos: observamos que a desviación dos ingresos do presente ano vai ser negativa para o Concello, vamos recadar aproximadamente cincuenta e cinco millóns de pesetas menos do previsto, uns 330.000 euros. O presuposto inflouse de forma artificiosa para xenerar uns ingresos ficticios, que sabendo que non se ían levar a cabo, puidesen soportar gasto”.
Barcia afirmou que “hai capítulos de ingresos que están inflados nos presupostos. No que se refire, por exemplo, á contribución urbana, a diferencia entre o presupostado e o que se vai recadar realmente é de 99.263’36 euros. Por licencias de primeira ocupación, a recadación pode ser inferior ó previsto en 60.000 euros, e en 90.000 euros no que se refire ó imposto de construcións. Ademais, había unhas previsións excesivas por ingresos derivados da ocupación das vías públicas que pode rondar os trinta mil euros”.
Para o alcalde burelés, que compareceu acompañado de todo o seu equipo de goberno, “o control do gasto pasa durante o presente ano por non gastar máis do que realmente vamos ingresar. O presuposto está practicamente esgotado para o que queda deste 2011, non temos marxe de maniobra. E de cara ao vindeiro ano teremos que aplicar medidas máis severas, pero se irán dando a coñecer a todos os veciños ao igual que estamos a facer con estes datos”. O rexedor adiantou que “todos os concelleiros delegados irán explicando aquelas partidas máis importantes que son da súa competencia para que os colectivos interesados ou afectados saiban cal é a situación, pero que tamén a saiban o conxunto dos veciños deste concello”.
Barcia indicou que “o plan de contención do gasto correspondente a este ano xa se está levando á práctica, de feito estamos restrinxindo os horarios de encendido e apagado do alumeado público e aumentando a redución de intensidade para poder conter o gasto nesta materia. E ademais, estase centralizando todo o proceso de compras”.


























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



