Nota de prensa:
TODAS AS RUTAS DE CATAMARÁN DA DEPUTACIÓN ESTÁN A PLENO FUNCIONAMENTO DESDE O MARTES
Mario Outeiro e Antonio Veiga visitaron esta mañá a zona dos embarcadoiros de Belesar e realizaron a ruta en catamarán para comprobar o seu correcto funcionamento
As actuacións realizadas son unha solución provisional eficaz, rápida e económica para poder manter as rutas e realizar a tempada de verán, que presenta un maior número de visitas
LUGO. 28 de xullo de 2011. Esta mañá, o vicepresidente da Deputación de Lugo, mailo delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, os nacionalistas Antonio Veiga e Mario Outeiro, respectivamente, acompañados de directivos de Gas Natural Fenosa, visitaron as obras realizadas nos embarcadoiros das rutas de catamarán do encoro de Belesar, que se realizaron para poder manter activas as viaxes en catamarán tralo descenso de nivel da auga no río Miño.
Segundo explicou o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, “desde o martes 26 de xullo están activas todas as rutas en catamarán que dependen da Área de Turismo da Deputación de Lugo, unha vez que a ruta que partía de Belesar pobo en dirección a Maiorga foi restituída, xa que permanecía suspendida desde o día 4 por mor da baixada do nivel da auga”. Mario Outeiro quixo destacar “a celeridade con que se actuou conxuntamente desde a Deputación de Lugo coa empresa Gas Natural Fenosa para atallar este problema, xa que en só 3 semanas logrouse poñer fin a unha situación que estaba a causar unha baixada no sector turístico da zona”.
Mario Outeiro afondou en que as obras nos embarcadoiros realizáronse en catro puntos diferentes, dunha banda en Belesar e Os Peares, que son as dúas puntas ou cabeceiras das rutas que transcorren polos Peares, máis en Maiorga e A Cova, que son dúas paradas intermedias que se realizan nas rutas. Por esta razón, Mario Outeiro indicou que “con estas actuacións e grazas a poñer de novo en servizo a ruta de catamarán que saía de Belesar pobo estamos dalgún xeito incidindo nunha recuperación do sector hostaleiro e turístico da zona”.
Por outra parte, Mario Outeiro sinalou que as obras realizadas, e que puido supervisar ademais de realizar a ruta en catamarán xunto ao vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e directivos da empresa responsábel do encoro (Gas Natural Fenosa), “son unha solución urxente e provisional, xa que se primou o feito de lograr un restabelecemento o máis rápido posíbel para que as perdas económicas no sector hostaleiro fosen mínimas, ao mesmo tempo que se procurou que fose unha solución económica que non requirise un investimento grande, xa que na vindeira tempada empregaranse as instalacións habituais da Deputación que até o de agora se viñan utilizando”. Neste camiño, Mario Outeiro lembrou que grazas a esta rápida actuación a Área de Turismo da Deputación conseguiu restituír a ruta de Belesar nun prazo moi curto, ao mesmo tempo que evitou que a outra ruta que existe nos Peares se chegase a cortar, xa que tamén chegou a perigar polo baixo nivel de auga do río. As obras de instalación de embarcadoiros provisionais foron financiados nun 50/50% pola Deputación de Lugo e a empresa responsábel dos encoros, Gas Natural Fenosa.
A Área de Turismo da Deputación de Lugo quere informar, ademais, de que actualmente están en correcto funcionamento polo tanto todas as rutas fluviais en catamarán que dependen da xestión directa desta área da Deputación:
-A ruta a través do tramo lucense do río Sil, con saída de Doade, e que ten dúas saídas diarias desde xuño até setembro ás 11:30 horas e 16:30 horas.
-A ruta do Miño no encoro dos Peares, con saída no propio embarcadoiro dos Peares, e cos mesmos horarios de saídas que o anterior.
-A ruta restituída o pasado martes, con saída de Belesar pobo con parada na illa de Maiorga, cos mesmos horarios de saídas que o anterior, desde xuño até setembro ás 11:30 horas e 16:30 horas.
-A ruta do Miño con saída da área recreativa dos Robles, en Lugo cidade: esta ruta permanecerá aberta de xuño a setembro ininterrompidamente, mais posúe un horario de rutas máis amplo cas anteriores xa que as viaxes son máis curtas, que son: ás 12:00 horas, 13:00, 16:30, 17:30 e 18:30 horas.
Para todas estas rutas a Área de Turismo da Deputación de Lugo mantén unha páxina web -http://www.lugoterra.com/rutas_fluviais.asp- con información actualizada e a través do cal se poden adquirir os billetes para os traxectos, aínda que tamén se poden mercar desde 20 minutos antes de cada saída no propio catamarán ou ben empregando o teléfono 982- 260 196 (en horario de luns a venres de 8.30 a 14:30 horas).






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



