Nota de prensa
Clausura da Exposición “A Escola Náutico Pesqueira de Foz” – CENIMA (Foz)
Desde o Arquivo Municipal queremos que nos acompañedes na clausura da exposición “A Escola Náutico Pesqueira de Foz”, que leva aberta ó público desde o pasado 17 de maio nas instalacións do CENIMA. Pechamos a nosa andaina o vindeiro venres 15 de xullo ás 18:00 h. no CENIMA. Contaremos coa presenza de Dna. Pepita Pedreira de Beltrán, viúva de D. José Mª Beltrán Veiga, o alcalde de Foz que fixo posible a Escola Náutico Pesqueira, e responsable máximo da mesma durante os dez anos que desenvolveu a súa actividade. Presidirá o acto o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e acompañarannos nunha mesa redonda Suso Fernández, Cronista Oficial de Foz, e algúns dos mestres que impartiron clases no centro. Queremos facer deste evento un acto de participación aberto a tódolos asistentes que queiran compartir connosco as súas lembranzas e experiencias. Como colofón realizaremos unha visita guiada pola exposición coa que intentaremos poñer de manifesto a intencionalidade e os obxectivos que nos levaron a desenvolver este proxecto.
Queremos lembrar que esta iniciativa naceu cun dobre propósito, por un lado quixemos facer unha lembranza da Escola Náutica, unha institución que determinou o futuro profesional dunha xeración de focenses e de mariñanos que desenvolveron a súa vida profesional no mundo do mar. Polo outro, tamén pretendemos dignificar e poñer de relevancia a importancia dos arquivos como referentes e custodios da historia e da memoria colectiva dun pobo. Un arquivo non é somentes un almacén de documentos, senón que constitúe a ferramenta indispensable para converter un feixe de lembranzas nunha investigación histórica de calidade, e que pode callar en proxectos coma este, necesarios para non esquecer o fomos e entender o que somos.
A Escola Náutico Pesqueira de Foz naceu no ano 1967, dunha iniciativa encabezada polo daquela Alcalde, José María Beltrán Veiga. Formaba parte dun reducido grupo de dez centros de formación oficial pesqueira de España, no que se incluían as escolas de Madrid, Huelva, Sanlúcar de Barrameda, Valencia, Almería, Cádiz, Vigo, Ferrol e Vilagarcía de Arousa. A escola instalouse a carón do antigo Clube Náutico, no lugar que hoxe ocupa o CENIMA, e durante os dez anos (1967 – 1977) que durou a súa actividade, nas súas aulas impartíronse cursos para acadar os títulos de competencia mariñeira, patrón de pesca litoral de 2ª clase, motorista naval, radiotelefonista naval restrinxido, redeiro e texedor de redes, cortador-recolector de algas industriais ou de cultivador de marisco en parque e praia.
A intencionalidade do noso traballo é rehabilitar, preservar e difundir o patrimonio marítimo pesqueiro que define a identidade do noso pobo, a través da recuperación de obxectos do pasado pero, denantes de todo, a partir das lembranzas das súas xentes. Por iso, queremos agradecer especialmente a total implicación de tódalas persoas que nos axudaron desde o momento en que souberon o proxecto que tiñamos entre mans. A todos, moitísimas grazas.
Tanto o plantexamento do proxecto, como a investigación e o deseño da exposición, foron realizados por Susana Díaz García, arquiveira do concello de Foz, e Silvia Fiallega Lorenzo, historiadora.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



