Nota de prensa
Aos medios de comunicación
O Departamento de Cultura do Concello que Viveiro que dirixe a nacionalista Olaia Casas presenta o documental “As silenciadas” de Pablo Ces no Teatro Pastor Diaz o Venres 2 de Setembro ás 20.30 h. entrada de balde.
Proxección do documental “As silenciadas Director e guionista do filme Pablo Ces e a profesora e investigadora Aurora Marco, que participa no proxecto e na elaboración do guión.
Aurora Marco levou adiante, durante cinco anos, un traballo de campo por toda Galicia, para coñecer de primeira man novas de mulleres, que foron protagonistas de feitos relacionados coa Guerra Civil de 1936 e coa guerrilla antifranquista.
Se o franquismo intentou borrar da Historia os vencidos, no caso das vencidas, das mulleres, a nube que as ocula é, se cabe, moito máis espesa, nunha sociedade na que aínda campan os valores do machismo. Rachar este veo de silencia é o que se propuxo Aurora Marco coa súa investigación, que sairá en breve á luz, nun libro do que nos parece evidente o seu interese para toda e todos aqueles que queiran coñecer feitos históricos que se negaron, ocultaron ou manipularon.
Pablo Ces, o director, acompañou durante un ano a profesora Aurora Marco. Froito da colaboración entre eles os dous é o documental que se verá este Venres. O filme achéganos a seis mulleres galegas, en representación doutras moitas, que deron soporte ao movemento guerrilleiro, e á represión que sufriron moitas por facelo. “É como unha película de espías pero a realidade, neste caso, supera a ficción”, explica o realizador, que defende que o papel deste colectivo foi “o máis importante e o máis perigoso” durante a represión.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



