Nota de prensa:
Lara Méndez presenta a provincia a 64 rusos e polacos que participarán na “Xornada Mundial da Xuventude”
– Son os primeiros peregrinos que recibe o Bispado de Mondoñedo e a Mariña, os cales quixeron adiantar a súa chegada a España para coñecer Lugo
– A petición da Diocese mindoniense, a Vicepresidenta Segunda exerceu de embaixadora da provincia, dándolles a coñecer as súas riquezas
– Os mozos foron agasallados con lotes Lugo Sabe, dípticos informativos sobres as 3 Reservas da Biosfera e unha guía en inglés sobre os Camiños lucenses
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, recibiu este venres na Casa do Mar de San Cibrao, en Cervo, a un grupo de 64 peregrinos -46 polacos e 18 rusos- recen chegados a España con motivo da “Xornada Mundial da Xuventude” que acollerá Madrid dende o 18 ó 21 de agosto. Son os primeiros participantes en dito encontro relixioso que recibe a Diocese de Mondoñedo e a Mariña, os cales quixeron adiantar a súa chegada ó país para coñecer Lugo.
Por iso, a petición do Bispado, Lara Méndez fixo de embaixadora da provincia, presentando as riquezas lucenses. A Vicepresidenta salientou que o 55% do territorio é Reserva da Biosfera avalado pola UNESCO, que Lugo conta con máis de 100 quilómetros de costa e máis de 60 praias, así como con 800 quilómetros de rutas de peregrinación polas que pasan os Camiños do Mar, Inverno, Francés e Primitivo.
Como mostra da riqueza natural lucense, Méndez agasallou ós peregrinos con lotes de Lugo Sabe, compostos por produtos autóctonos que posúen a marca de garantía de calidade da Deputación; con dípticos informativos sobre Terras do Miño, Os Ancares e Eo-Oscos-Terras do Burón; así como cunha guía sobre os Camiños de Lugo cara a Santiago de Compostela editada pola institución e escrita en inglés.
Méndez fixo fincapé na aposta do organismo provincial polo medioambiente, “a nosa oportunidade económica”, e no inicio das novas medidas dentro da segunda parte de Lug02, dotada de 6,5 millóns de euros e cofinanciada pola Unión Europea, para seguir xerando novos postos de traballo e facendo fronte ó despoboamento demográfico. Lugo, malia que conta con 10.000 quilómetros cadrados, é 3º provincia galega co menor número de habitantes. Ten uns 350.000. A constante perda poboacional, xunto o seu envellecemento e dispersión, son os principais problemas lucenses.
130 peregrinos da Mariña
Logo da recepción na Casa do Mar, a Vicepresidenta mostrou ós peregrino o Museo do Mar. Posteriormente, quixeron coñecer as praias da zona. Xa o sábado, partirán cara a Santiago de Compostela onde se xuntarán con 2.000 mozos chegados das 5 Dioceses de Galicia. O domingo, participarán nunha misa na catedral de Mondoñedo así como nos festexos de Cervo. Finalmente, o luns viaxarán a Madrid para atoparse con Papa Benedicto XVI. Do Bispado de Mondoñedo farano 130 mariñanos.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



