JUANEL NO CENIMA
Inaugurouse onte, na sala central do CENIMA de Foz, a exposición do debuxante Juanel que ofrece á contemplación do espectador dúas ducias de cadros dunha gran beleza nos que, aínda que amosa escenas do rural, coa presencia da figura humana, tan do seu gusto, nós queremos destacar as mariñas, que son a metade da obra que colga, nas que o navegar por alta mar dun fermoso barco surcando as augas en espectacular marcha, sorteando as ondas dun mar encrespado, produce episodios de singular fermosura e espectacularidade, que se prolongan ó longo da travesía.
Os amigos de José Manuel Forés, a quen todos chamamos Juanel de mariño a bordo dun barco de guerra nos anos xuvenís do servicio militar; un amor, o do mar, que naceo na nenez pola súa permanente relación con él, nos xogos infantís, da beiramar ribadense na que se criou.
A elegante silueta do buque, que ás veces case se perde, engulida polas ondas que o arrodean, ofrece unha visión dramática, porque ante a escena apocalíptica resulta doado maxinar o instante no que pode producirse o tráxico remate da navegación. Contemplar estes cadros de Juanel é sumirse en toda a fantasía, o gozo e o drama que son sentimentos inherentes a tan romántica e arriscada dedicación. Por eso a obra de Juanel traspasa a expresión material ou plástica da mesma, sendo ésta de excepcional fermosura, engadíndolle outros valores de fondo contido humano e anímico, e aínda sentimental, que fai vibrar os sentimentos mais profundos.
Trátase polo tanto esta mostra dun auténtico catálogo de sensacións que chegan ó espectador, ós seus sentidos e tamén á súa sensibilidade receptora e apreciadora das leccións de vida, cando a arte se converte en vieiro portador dos mesmos.
Estamos seguros de que esta exposición de Juanel vai a ser unha das mais exitosas do seu xa recoñecido currículo; membro da Asociación Os Aventados de San Cibrao, conta no seu haber con un brillante palmarés e numerosas mostras colectivas e individuais.
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



