Nota de prensa:
MARCELO SANTORO RENOVA O COMPROMISO BURELISTA
O brasileiro Marcelo Santoro, Neco, renovou o seu compromiso á fronte da dirección deportiva do CD Burela FS. O director xeral da entidade, José Luis Sáez Castro, recibiuno na sede laranxa para selar o acordo.
“Estou moi contento coa renovación, agradezo a confianza depositada polo club, algo que para min é moi importante. Para todas as persoas que compoñemos o club, cada tempada supón un novo reto, pero tamén unha ilusión maior, para facer do fútbol sala mariñán unha referencia”, comentó o director deportivo tras oficializarse a súa ampliación de contrato.
José Luis Sáez explicou que “o club quere seguir progresando na consolidación do proxecto e, para iso, aposta pola continuidade do seu responsable deportivo, que posúe un amplo coñecemento do fútbol sala internacional tanto masculino coma feminino”.
Tras unha extensa traxectoria como xogador entre o Brasil e a División de Honra española, entre clubs como o Playas de Castellón ou o extinto Cefire mariñán, Neco asumiu as responsabilidades da secretaría técnica na entidade burelista en xuño de 2008, labor que dende entón compatibiliza coa preparación específica de porteiros tanto dos equipos sénior coma das categorías de base, así como co adestramento de parte da ED EON Burela FS.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
