NORMANDOS EN FOZ
Foz acaba de vivir un fin de semana de gran esplendor, con motivo de feito singular. Expresamos a focegos e focegas a felicitación porque foi un éxito colectivo no que se implicou gran maioría dos veciños/as, moitos visitantes e xentes da bisbarra. que acolleron a iniciativa con simpatía; mesmo aqueles que, polas razóns que sexan, non participaron activamente, pero que coa súa actitude colaboraron a crear o clima sempre necesario para que este tipo de eventos acaden o éxito: a participación cidadá. O feito era novedoso a o proceso ata chegar a él esixe sempre que se dean unha determinada concatenacion de circunstancias. O punto de partida, neste caso, está na idea dos Larpeiros de construir un barco vikingo para o desfile de antroido. Cando se traballaba nel este cronista foi convidado polos artesáns (Carlos Neira, Pedro de Aurelia e Paparuxo) a visitalo. Nestas mesmas páxinas publicamos dous comentarios nos que, amais de describir o barco polo miúdo, decíamos “… ollando a nao, e por asociación de ideas, acudíu ó noso maxín a lembranza da vella lenda referida ó milagre de San Gonzalo…”. Laiábase o cronista de que “nunca os focegos fómos quen de poñer en valor o que é patrimonio da nosa cultura, da historia e das nosas tradicións..,” Ó lelo, Paleo, presidente da ACIA, comunicou ó cronista que o colectivo por él presidido, tomaba o acordo de poñer en marcha a 1ª Festa do Afundimento Normando do que fala a tradición. E Paleo, con clara e acertada visión, ponse mans á tarea para aglutinar ás xentes dende o diálogo e o respecto, a próximidade ás persoas, escoitando suxerencias cun estilo e modais que tíñamos xa esquecidos e arrodeándose das persoas idóneas para acadar o obxetivo. Foi un éxito dos focegos/as, tamén dos seus rexedores. Nesta crónica de urxencia destacamos, con Paleo á cabeza, o magnífico labor desa persoa de excepcional creatividade que é Francisco Piñeiro e, dos colectivos, os veciños de San Martiño e os grupos carnavaleiros.Mágoa non dispor de espacio para contalo polo miúdo, e que ninguén quedara sen mentar neste recoñecemento. A todos, a nosa noraboa
Suso Fernández



















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



