A Xunta realiza 408 perfís de baño nos que se avalían os riscos de contaminación das zonas de baño e apórtanse datos da calidade das súas augas
Augas de Galicia constata que o 85% das zonas de baño da comunidade galega non presentan riscos de contaminación
Cada perfil contén unha descrición da zona de baño correspondente, situación e extensión ou resultados de analíticas da calidade de augas nos últimos 3 anos
Os riscos clasifícanse en non identificados, non significativos ou identificados
Estes datos poden ser consultados na web do Ministerio de Sanidade no que se atopa a sección Sistema de Información Nacional de Aguas de Baño
A Xunta, mediante este tipo de actuacións, pretende achegar á poboación, de forma clara e transparente, información sobre a calidade das augas nas distintas zonas de baño das nosas praias e facilitar a comprensión dos posibles riscos
Santiago, 27 de agosto de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, elabora 408 perfís de baño nos que se establece por primeira vez unha delimitación oficial das áreas de baño da costa galega. A Xunta de Galicia constata que o 85% das zonas de baño da comunidade galega no presentan riscos de contaminación.
Dos 408 perfís desenvolvidos que avalían as 430 zonas de baño da declaradas pola Consellería de Sanidade para a temporada 2011, en 311 non se detectaron riscos; en 31, riscos non significativos, é dicir, con moi baixa probabilidade de contaminación da zona; e en 66, identificáronse riscos de contaminación, principalmente por episodios de fortes choivas que podan colapsar puntualmente sistemas de saneamento próximos. Destes últimos, 36 pertencen á provincia da Coruña, 4 á de Lugo, e 26 a Pontevedra.
Todos estes perfís poden ser consultados na páxina web do Ministerio de Sanidade no que se atopa o “Sistema de Información Nacional de Aguas de Baño”.
Cada perfil contén unha descrición da zona de baño correspondente, situación e extensión ou resultados de analíticas da calidade de augas nos últimos 3 anos. Tamén se presenta un plano no que se sitúan as redes de saneamento existente nas inmediacións e o punto de control no que se toman as mostras para o desenvolvemento das analíticas.
Para a avaliación dos riscos Augas de Galicia realiza unha primeira análise das zonas de baño co fin de determinar os antecedentes de contaminación da área. Empréganse os datos históricos das analíticas executadas todos os anos a principios de tempada de baño e avalíase a presenza de contaminación nas superficies de produción marisqueira.
Tras executar as análises oportunas, a Consellería de Medio Ambiente establece a seguinte clasificación de tipo de risco en cada zona de baño:
• Riscos non identificados: non existen riscos que poidan incidir na calidade de auga.
• Riscos non significativos: detectáronse problemas que teñen pouco probabilidade de provocar fenómenos de contaminación, por non existir antecedentes dos mesmos
• Risco identificado: posibilidade de que se produzan fenómenos de contaminación de curta duración.
A Xunta de Galicia, mediante este tipo de actuacións, pretende achegar á poboación, de forma clara e transparente, información sobre a calidade das augas nas distintas zonas de baño das nosas praias e facilitar a comprensión dos posibles riscos de episodios puntuais de contaminación.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



