Nota de prensa:
O GOBERNO BURELÉS CONSIDERA BALEIROS DE CONTIDO OS ARGUMENTOS DA OPOSICIÓN SOBRE OS PREZOS PÚBLICOS PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CIM. OS POPULARES ASEGURAN QUE A MEDIDA PRETENDE SUFRAGAR SÓLO UNHA MÍNIMA PARTE DAS MESMAS E QUE AS MULLERES PARTICIPANTES ESTÁN DE ACORDO COA PROPOSTA.
Burela, 25 de agosto de 2011. O goberno burelés considera de contido baleiro os argumentos da oposición ao criticar os prezos públicos para a participación en actividades organizadas dentro do ámbito de actuación do Centro de Información á Muller (CIM) e a ordenanza aprobada ao efecto.
Desde o equipo de goberno popular recórdaselle ao bipartito que “as contías estipuladas abonaranse en concepto de inscrición e serán ás únicas en retribuírse por asistencia aos obradoiros de bordado, bolillos e manualidades e non en concepto de contías mensuais, sendo as taxas de matrícula por participación nun obradoiro de 30 euros, 50 euros por asistencia a dous e 65 euros por asistir aos tres”.
O alcalde, José María González Barcia, manifestou que “esta medida de copago pretende sufragar solo unha mínima parte das actividades, xa que con estas taxas fixadas por matrícula as mulleres que acudan a un taller sairalles o custo medio por cada clase ao módico prezo de 1,20 euros, para aquelas que asistan a dous obradoiros o importe pasará a ser de 1 euro e para as que se beneficien da tarifa de tres, o importe de cada clase conlevará aproximadamente ao copago de 0,85 euros”.
Nesta mesma liña, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, insiste en que “aplicar a gratuidade de todos estes cursos fai completamente inviable a realización dos mesmos nun futuro inmediato e tanto o PSOE como o grupo mixto o deberían saber, posto que o anterior goberno bipartito anunciou unhas axudas ás familias deste Concello por importe de 40 euros para todos e o único que supuxo tal medida foi deixar desprotexidas a aquelas unidades de convivencia máis desfavorecidas economicamente. E mais grave foi non seguir financiando as mesmas, posto que ao final nin os mais nin os menos avantaxados se beneficiaron de ditas axudas, despois de tanto bombo e pratillo durante un ano, ao seguinte xa agocharon a cabeza e non volveron a anunciar nada”.
Por outra banda, Durán García, reitera que “esta solución foi tomada dialogando precisamente coas profesoras que imparten os cursos e coas alumnas dos mesmos; tanto é así que este luns tivo lugar a última reunión, a cal presenciaron unhas trinta mulleres, coa finalidade de explicarlles de primeira man o propósito deste sistema de copago, onde de forma unánime non só compartiron a solución tomada, senón que varias das mulleres participantes nos obradoiros alegaron que non era lóxico que todos estes talleres foran gratuítos, posto que non son servizos de primeira necesidade e as demais persoas veciñas e contribuíntes do Concello non teñen porque soportar o gasto enteiro dos cursos cando só se beneficia un sector moi concreto da poboación”.
O goberno popular lémbralle á oposición formada polo PSOE e polo grupo mixto que “outros Concellos onde gobernan os seus mesmos partidos teñen un sistema de copago e non de matrícula, senón mensual, co cal aí sí que se pode ver un afán recaudatorio, pero non é o caso de Burela, onde ao equipo de goberno lle gustaría que todo fose de carácter gratuíto, pero a situación actual en que se atopa o consistorio, herdado precisamente polo bipartito, obriga a tomar este tipo de decisións si se desexa manter o funcionamento destas actividades, do mesmo xeito que se continuarán organizando actividades de plena gratuidade”.
O goberno popular conclúe que unha vez mais a oposición queda completamente desacreditada cos seus propios argumentos infundados, “dinnos que hai que buscarse a vida para conseguir subvencións, cando eles non foron capaces de xestionar en dous anos consecutivos as subvencións que por parte da Xunta de Galicia lles foron adxudicadas en concepto de Axuda No Fogar para Persoas Valoradas como Dependentes”.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



