Nota de prensa
O pp Mindoniense pregunta CANDO TEMOS QUE CRER ao ALCALDE, cando informa no pleno, dunhas contas que refrexan un saldo positivo de mais de 2 millons de euros ou ao que recorta SERVIZOS a POBOACIÓN
• A contabilidade do ano 2009, que recentemente se informou en pleno da súa liquidación, refrexaba un remanente de tesoureria de 2058300,28 euros, liquidez, que segundo estas contas, tiñan as arcas municipais.
• A cantidade económica que prevén aforrar con esta REDUCCIÓN DE SERVICIOS Á POBOACIÓN equivale ao mesmo aforro que SUPORÍA SUPRIMIR UNHA DEDICACIÓN EXCLUSIVA
Mondoñedo, a 29 de agosto do 2011, o PP Mindoniense ven de enterarse polos medios dun suposto paquete de medidas de recorte de servicios aos mindonienses amparados nun “ nun contexto de crise xeral e do concello”.
O pasado 26 de xullo, rendian liquidación de contas, en sesión plenaria, da anualidade 2009 que rerlexaba unha liquidez nas arcas municipais de máis de 2 millóns de euros. Contas elaborada e aprobadas durante o seu mandato e gastos e ingresos recoñecidos por BNG-PSOE.
Esta situación de liquidez, contrastaba cos catro anos de goberno 2007-2011, anos que viñeron marcados por “choros e lamentos” por parte do Sr. Alcade e dos socios de goberno.
Pero ademáis, e tendo presente as palabras de Gonzalez Cruz “ nun contexto de crise xeral e do concello decidimos aforrar de onde sexa… e prefirible prescindir dunha comida que quedar sen servizo de axuda no fogar”.
O pp preguntase se o equipo de goberno interpreta AFORRAR como sinónimo de DEIXAR DE PERCIBIR, máxime cando, segundo información publicada recentemente, deixarán de ingresar dos fondos do estado por non liquidar o presuposto de 2010 en prazo, despois de gastar máis de 40000 euros facer as contabilidades.
O mesmo tempo o PP local propón, para acadar o mesmo aforro REDUCIR GASTOS DE GOBERNO: SUPRIMIR UNHA DEDICACIÓN EXCLUSIVA, sobretodo tendo en conta esta ultima información que denota DEIXADEZ DE FUNCIÓNS E UN INCUMPRMENTO NAS TAREFAS QUE CONLEVAN A RESPONSABILIDADE DE GOBERNO.


















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



