Nota de prensa
O deputado Balseiro Orol, autor desta iniciativa, lembra que o ARI é a opción máis ventasoxa para os veciños xa que lles permitiría reparar as súas vivendas con financiamento da Xunta e do Estado, así como tamén facilitaría ao Concello a achega de axudas para a mellora e reurbanización do barrio afectado polos derrubes
O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR ESIXE AO ALCALDE DE VIVEIRO QUE NON DEMORE A SOLUCIÓN E SOLICITE A DECLARACIÓN DUNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA O BARRIO DO CELEIRIÑO
• Os populares rexistrarán unha iniciativa no Parlamento, e xa o fixeron no Concello, pois consideran que os veciños, tras máis de tres anos de infructuosa espera, teñen que recibir axudas e, neste obxectivo, o Goberno local non pode ser un obstáculo
• Pedirán tamén que o Concello cumpra o acordo plenario e esixa xudicialmente ás indemnizacións oportunas á construtora, promotora, técnicos fronte aos que proceda pois non sería comprensible que a Alcaldía sexa cómplice dos causantes dos danos
Viveiro, 6 de agosto de 2011.- O Grupo Parlamentario Popular, a través do seu deputado Jose Manuel Balseiro Orol, rexistrou unha iniciativa para o seu debate na Cámara galega na que se esixe ao alcalde de Viveiro, o socialista Melchor Roel, que non demore máis tempo a solución e solicite formalmente a declaración dunha área de rehabilitación integral para o barrio do Celeiriño.
Deste xeito, os veciños cuxas vivendas resultaron afectadas polos danos e derrubes do barrio, que obrigou ao desaloxo do mesmo en febreiro do 2008, poderían reparar por fin as súas vivendas con financiamento da Xunta e do Estado. Ademais a través da figura da área de rehabilitación integral do Celeiriño o propio Concello tería máis fácil dispoñer de axudas para a mellora e reurbanización destes espazos.
Os populares deron a coñecer hoxe que rexistrarán sendas iniciativas no Parlamento- como xa fixeron no Concello- ao considerar que os veciños, tras máis de tres anos de infructuosa espera, teñen dereito a recibir axudas e para iso o Goberno local non pode ser un obstáculo. Lembran ao mesmo tempo que a situación de pendencia está a xerar un lóxico desacougo entre a veciñanza e respecto do futuro das vivendas, do conxunto do barrio, e dos espazos afectados polos derrubes.
RESPONSABILIDADE XUDICIAL
Jose Manuel Balseiro explicou que na súa iniciativa os populares tamén pedirán que o Concello cumpra o acordo plenario, acadado por unanimidade o 29 de setembro de 2009 e proceda a esixir xudicialmente ás indemnizacións oportunas aos responsables dos danos. Insisten en que ninguén pode comprender como hoxe, tres anos despois de acontecida a problemática, a Alcaldía ainda pode non ter feito isto, e estea actuar con complicidade coa empresa causante dos danos.
TRES ANOS DE ESPERA
En febreiro do ano 2008 os veciños do barrio do Celeiriño, sito no concello lucense de Viveiro, observaron como a medida de que crecía un gran burato na cimentación dun bloque de vivendas contiguo, os seus fogares sufrían danos, gretas, roturas nas estruturas, ata chegar a unha situación de risco cerco de derrubo que obrigou á evacuación de moitas das vivendas deste barrio, ao reacollo dos seus propietarios e a o aillamento de moitos veciños carecendo durante todoes estes anos de acceso rodadado, o que impedía a entrada de servizos esencias como o butano, víveres, ou incluso ambulancias.
Os devanditos danos segundo sentencia xudicial -e por recoñecemento expreso da propia empresa- son consecuencia directa das obras de construción dun edificio con garaxes e dun muro de contención executadas nun solar contiguo ás vivendas afectadas. A edificación contaba cunha licenza outorgada pola Xunta de Goberno Local, de data 25 de maio de 2007, baixo a presidencia do alcalde socialista Melchor Roel, a pesares de poseer informes técnicos e xurídicos negativos e a pesar de que se suscitaban dúbidas sobre a idoneidade dos traballos executados, a súa adecuación coa legalidade urbanística e respecto do rigor co que o Concello efectuou a vixilancia e seguimento das obras de edificación, que levaron ao derrube de practicamente todo un barrio.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



