Náutico de Ribadeo
Nota de prensa
![]()
MARIO COTO FIXO UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DA XXI SEMANA NÁUTICA QUE CONCLUÍA ONTE. A DIRECTIVA DO CNR XA ESTÁ A TRABALLAR NA VINDEIRA EDICIÓN DESTA CITA.
Ribadeo, 18 de agosto de 2011. O presidente do CNR, Mario Coto, fixo unha valoración moi positiva da XXI Semana Náutica que remataba onte coa tradicional zalea a Abres. A directiva, que está a recibir moitas felicitacións polo seu traballo, xa está a preparar a nova edición desta cita, a que se desenvolverá en agosto de 2012.
Coto dixo que “a Semana Náutica foi fantástica, maravillosa e eu creo que vai tardar moito tempo en poder superarse esta 21 edición. Digo esto porque déronse unha serie de coincidencias: houbo a Transganscogne e un montón de eventos máis”. O presidente do CNR destacou “o traballo do conxunto da directiva e hai unha persoa, que e o vicepresidente do Club Náutico de Ribadeo, Modesto, que está entregado no tema da vela. No Club Náutico a vela estaba un pouco parada, pero a raíz de tomar posesión a actual directiva esta persona déulle unha volta a todo este apartado, sabe moito de vela, ten un gran espíritu e non escatima en traballo. Por eso nesta Semana Náutica houbo moitas actividades de cruceros, regatas de vela, de botes, os eventos todos arredor do Club Náutico, que é como debe ser. Aparte de moitos outros, como os xogos infantís con hinchables, algo que nunca se fixera. Foi un gran éxito, os pais que baixaron aos seus nenos alí quedaron encantados. O despliegue que fixemos cos medios de seguridade para enseñarlles aos nenos e aos maiores que acudiron para ver o funcionamento dunha balsa e das bengalas de socorro tamén foi un éxito”.
Mario Coto engadiu que “nalgún momento superáronse incluso as expectativas que tiñamos, polo que quero destacar a magnífica actuación desta directiva do CNR”. E lembrou que “todas as directivas que houbo no Club Náutico cada unha fixo as súas cousas, pero quero recordar que esta directiva ten moito afán de traballar desde o primeiro día. Nosotroutros imos facer cousas distintas, non sei si os que veñan detrás van superarnos, van a mellorar ou non as van facer. Mentras esteamos aquí temos afán de traballo todo o conxunto da directiva, os empregados e os monitores do clube. Nestes momentos hai un equipo moi importante traballando para os socios dos Club Náutico de Ribadeo, que son os que teñen o protagonismo de verdade en todo esto”.
A directiva do CNR xa está a traballar na preparación da vindeira semana náutica, “temos que desarrollar e si é posible mellorar o que fixemos este ano, que foi espectacular. Estamos mirando para novos horizontes para traer cousas novas para a 22 edición da semana náutica, que lle corresponde para o ano que ven. Recibimos moitas e grandes felicitacións por todo o que estamos a facer”.
Carta dun socio
Mario Coto tamén se refeiru hoxe á carta remitida aos medios por un socio do Club Náutico de Ribadeo, o presidente manifestou que “a asamblea de xullo estivo totalmente organizada e clarificada en todos os seus puntos, tanto en contas como nos demais asuntos. O primeiro que hai que saber é interpretar como mínimo as contas que están postas por escrito nuns documentos e feitas por unha empresa autorizada e homologada para levar e fiscalizar esas contas. Entón hai que saber interpretalas”. E subliñou que “hai uns estatutos no Club Náutico que están aprobados cos votos inclusive dese socio que dirixiu esa carta. Entón eu creo que eso é o primeiro que debe terse en conta para poder facer calquera crítica, que está dentro da razón do socio porque é soberano e poder facer a crítica que crea convinte.
Meu pai tivo un bar moitos anos e eu estaba ao lado del e cando viña algun cliente que protestaba decíame meu pai: meu fillo, o cliente sempre ten a razón ata que deixa de tela. Este socio eu creo que está enfadado porque se presentou as eleccións ao Club Náutico dentro dunha lista, porque nin foi capaz de dar a cara para presentarse como candidato a presidente. Este socio pode facer as reclamacións que crea convinte. Xa nos levou, xunto con outros socios por outra cousa ao xulgado e a verdade é que non lles fixeron caso porque viron que non tiñan ningunha razon, Paréceme unha cousa polo menos de mal gusto”.
Coto insistiu “os socios poden facer todo o que crean convinte e eu como presidente e responble da directiva digo que todo o resto dos socios nos felicitan a esta directiva por como estamos facendo as cousas e o que estamos facendo. Non teño intencion de ter ningunha polémica, pero os socios son soberanos, saben o que teñen que facer, e cando crea convinte algún socio, como éste ou outro, poden presentar as reclamacións pertinentes”.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
