Nota de prensa:
OS SOCIALISTAS ESIXEN A DIMISIÓN DA CONSELLERIA DO MAR POLA INCOMPETENCIA NA XESTIÓN E A FALLA DE LIDERAZGO NAS POLÍTICAS PESQUEIRAS E MARISQUEIRAS DE GALICIA
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advirte que a esperpéntica situación que se esta vivindo na planta de Xove “é unha boa mostra do caos que reina na Conselleira do Mar”
-Replica que “salvando as diferenzas estamos vivindo a mesma situación patética da xestión do Goberno Fraga co Prestige”, lembra que naquela ocasión “paseamos un petroleiro por todo o Atlántico, e neste caso paseamos unha batea por toda a Mariña luguesa”
-Preguntouse quen Goberna os intereses pesqueiros de Galicia
– Lembrou que onte mesmo o PSdeG-PSOE denunciou publicamente “que o 40% da ameixa fina que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira esixiu hoxe a dimisión da Conselleira do Mar, pola incompetencia na xestión das políticas de pesca e marisqueo que esta levando adiante a Xunta de Feijoo, e tamén pola falla de liderazgo e de peso político na aposta por un deseño dunha política pesqueira e marisqueira acordes coa realidade socio-produtiva de Galicia.
Soneira advirte que a esperpéntica situación que se esta vivindo na planta de Xove “é unha boa mostra do caos que reina na Conselleira do Mar”, espetou.
A portavoz de Pesca replica que “salvando as diferenzas estamos vivindo a mesma situación patética da xestión do Goberno Fraga co Prestige”, lembra que naquela ocasión “paseamos un petroleiro por todo o Atlántico, e neste caso paseamos unha batea por toda a mariña luguesa”, insistiu.
Afirmou que “a día de hoxe non sabemos quen goberna os intereses pesqueiros de Galicia” e preguntouse, si é a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, ou Pescanova, as confrarías, o Presidente Feijoo” e ironizou “ou un ente non identificado”, quen esta diante da política pesqueira da nosa Comunidade.
Denuncia tamén que a día de hoxe “a Xunta aínda non explicou, quen, cando, onde, porque e en base a que estudios se tomou a decisión de fixar a reinstalación de moluscos en Moras (Xove)”, proclamou.
Sinala ademais que tampouco deron explicacións sobre os índices de mortandade na zona de reinstalación de especies como a ameixa fina. Neste punto lembrou que onte mesmo o PSdeG-PSOE denunciou publicamente “que o 40% da ameixa fina que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”.
Por iso insistiu nas súas criticas “non sabemos si a ensenada de Moras é o lugar idóneo para instalar estas especies”. E emprazou ao executivo autonómico a amosar os custes “deste dislate, e desta improvisación e das ocorrencias da Conselleira, Rosa Quintana e o seu equipo”.
E concluíu “por todo isto seria bo que Feijoo puxera ao fronte dos intereses pesqueiros e marisqueiros de Galicia a persoas acordes coa importancia que ten este sector para a estratexia económica de Galicia, porque senón el será o responsable único de toda esta desfeita”.

















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



