Nota de prensa
A CLÍNICA VIRXE DA MARIÑA CUMPRE O SEXTO ANO DE COLABORACIÓN CO PESCADOS RUBÉN
O centro médico-cirúrxico Virxe da Mariña renovou o apoio ao deporte mariñán e ao CD Burela FS-Pescados Rubén en 2011-12, na que se sumará a sexta tempada de colaboración entre as entidades. A xerente da clínica, Mª. Esther García Insua, reuniuse co directivo do club laranxa Marcelino Luna Almarza no consultorio burelao para rubricar o acordo de axuda asistencial, centrada na observación dos equipos sénior ao longo da tempada, así como en revisións periódicas.
A Virxe da Mariña, localizada na avenida Arcadio Pardiñas, número 145, conta con atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía, radioloxía e alergoloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico (condución, permiso de armas e licenza de animais potencialmente perigosos); tratamentos dermoestéticos e con láser (vascular e depilación), entre os que destacan as técnicas de botox ou peeling para o antienvellecemento cutáneo; e educación alimentaria para tratar patoloxías como a obesidade, hipercolesterolemia ou hipertrigliceridemia.
Entre os seus servizos máis novidosos destaca o Igualatorio Médico, iniciativa que ofrece unha asistencia integral con facultativos altamente cualificados á disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña. Os adheridos ao Igualatorio dispoñen dun bo servizo sanitario a prezos moi económicos, coa posibilidade de abonar en cómodas cotas (dende só 20 € ao mes).




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
