Nota de prensa
XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, MÓNICA PEDRE.
Burela, 9 de setembro de 2011. Está aberto o prazo para matricularse na Escola de Música de Burela, segundo informa a concelleira de Educación, Mónica Pedre. Os interesados poderán realizar todos os trámites durante o mes de setembro. Segundo explica a edil popular “para formalizar a inscrición deberán acudir á sede da Escola, onde se lle facilitará a documentación necesaria para a matrícula os mércores e venres en horario de 10 á 13 horas”.
Mónica Pedre sinalou que “durante este curso, como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de actividades consistentes na realización, tanto a nivel escolar coma a través doutros colectivos, de cursiños de educación musical, luthería, concertos didácticos, talleres, etc, nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental…”.
A concelleira de Educación engadiu que “continuará aberta a aula de formación musical para adultos e o curso de música e movemento para nenos entre catro e oito anos, así coma as especialidades instrumentais e as materias complementarias coma o linguaxe musical, coro, interpretación, formación orquestral ou jazz, entre outras”.
Desde o Concellería de Educación advirten que “está publicada, no taboleiro da Escola, a lista de admitidos para o vindeiro curso, entre os alumnos que solicitaron reserva de matrícula na mesma especialidade que no curso 2010-2011”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



