Nota de prensa
A Peña Barcelonista San Miguel está a organizar unha viaxe a Xixón para presenciar en directo no estadio de El Molinón, o partido de liga Sporting de Gijón & FC Barcelona.
Esta viaxe terá lugar o día 1 ou 2 de outubro, día e hora do partido pendente de confirmar por parte da Liga de Fútbol Profesional. A saida será ás 10.30 horas, estando programada a volta ó remate do partido. Aproveitarase a ocasión para as visitas oportunas á cidade asturiana.
Os prezos estimados, sempre pendentes da confirmación do prezo das entradas, é de 90,00 € para socios, 110,00 € para non socios. O que inclue desprazamento e entrada ó partido.
O prazo máximo para apuntarse remata o día 23 de setembro. Para máis información pódense dirixir ó teléfono 625 82 10 44.
Comentar que a peña sigue co prazo de inscripción aberto para a viaxe que está a organizar a Barcelona para a fin de semana do 3-4-5 de decembro, para o que xa hai un primeiro paquete pechado de 21 membros.
Asimesmo sigue aberto o prazo de captación de socios, estando a peña perto dos 100 membros. As cotas anuais son de 36,00 € socio adulto (máis de 12 anos), 10,00 € socio infantil.
Xa para o mes de marzo de 2012 está prevista outra viaxe, neste caso a Santander, cando o Barça se enfronte ó Rancing.
Todos aqueles simpatizantes que desexen máis informaicón sobre o funcionamento da peña ou sobre as actividades que esta leva a cabo, pódense dirixir ó teléfono 625 82 10 44.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
