Nota de prensa
ADEGA DENUNCIA ANTE O VALEDOR DO POBO A DENEGACIÓN DE INFORMACIÓN AMBIENTAL POR PARTE DA CONSELLERIA DE INDUSTRIA
Os feitos sucederon no periodo de exposición pública dun permiso de investigación mineira na Limia
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de denunciar ante o Valedor do Pobo que lle foi denegada información de relevancia ambiental do Permiso de Investigación Mineiro “O Areal” en Couso de Limia (Concello de Sandiás) por parte da Delegación ourensá da Consellería de Economía e Industria.
Estes feitos sucederon o pasado 10 de Agosto, aínda que non foi até o pasado luns cando se materializou a denuncia na que ADEGA solicita a repetición do periodo de exposición pública dese permiso de investigación ademais da apertura de expediente posterior sanción económica ademais da inhabilitación do funcionario que denegou o dereito fundamental á información que ten o cargo de Xefe Territorial desa Consellería en Ourense.
Dende o ano 2006 a Lei estatal de información ambiental 27/2006 recoñece a todas as persoas físicas o dereito a dispor da información sobre planes e proxectos que obran en poder da administración así como a reproducción total e parcial deses documentos mesmo aínda que se estea fóra do periodo de exposición pública e sen que en ningún caso haxa que acreditar a condición de interesado no proxecto solicitado como ocurría coa anterior lexislación hoxe obsoleta.
ADEGA coñece o caso doutros veciños de Couso de Limia que posteriormente tamén lles foi denegado o seu lexítimo dereito fundamental á información polo que optou por denunciar esta arbitrariedade contraria a dereito da Delegación da Consellería de Industria en Ourense ante o Valedor do Pobo.
A denegación dun dereito fundamental de xeito arbitrario por parte dun funcionario público é un feito extraordinariamente grave xa que teñen a obriga coñecer a lexislación vixente debido ao cargo que ostentan, sen embargo e a pesar de que este foi informado por membros de ADEGA da lexislación vixente aplicable foinos denegado reiteramente este dereito tanto verbalmente como por escrito.
Os cidadáns deben saber que teñen o dereito á examinar e reproducir planes e proxectos que obran en poder de todas as administracións públicas a pesar de non ter a condición de interesados nin estar nun periodo de exposición pública. Se se cumplen os requisitos que pide a lexislación vixente o dereito asiste aos cidadáns ante decisións arbitrarias.