Nota de prensa
A CONFRARÍA DE PESCADORES ORGANIZA A XORNADA GASTRONÓMICA DO PEIXE DE BURELA
BURELA EXALTA A CALIDADE DO SEU PEIXE CON UNHA DEGUSTACIÓN DE POLBO, PESCADA, PEIXE SAPO E BONITO DO NORTE
Este sábado 10 de setembro, a partir das 12 da mañá, o porto de Burela (Lugo) acolle a primeira edición da Xornada Gastronómica do Peixe de Burela, coa degustación dun menú composto dalgunhas das principais especies capturadas pola frota local.
A Confraría de Pescadores de Burela (Lugo) organiza esta sábado 10 de setembro a primeira edición da Xornada Gastronómica Peixe de Burela, coa que se pretende promover a calidade das principais pesquerías ás que se dedica a frota deste porto da costa de Lugo.
O evento nace coa idea de repetirse cada ano, ofrecendo a todos os asistentes a posibilidade de degustar un exquisito menú composto de varias clases de peixe a prezos populares.
O menú desta primeira edición consta de polbo encebolado, salpicón de pescada, peixe sapo en salsa e bonito do norte en marmitako; e poderá adquirirse por 7,50 euros, aínda que se se compra por adiantado, tanto na Confraría de Pescadores como no restaurante Palacio de Cristal (Burela), o prezo resulta un euro máis barato.
Esta xornada gastronómica celebrarase na nave de redes do porto de Burela e estará amenizada por un grupo de gaitas local. A festa empeza ás 12 da mañá e manterase aberta ata que se esgoten os 3000 menús que se prepararán.
Esta celebración foi posible grazas á colaboración de empresas locais que se encargan do servizo de catering (Palacio de Cristal), das subministracións (Distribuciones Carreiras) ou mesmo do deseño publicitario (Logaidea Comunicación); ademais doutras institucións relacionadas co mundo do mar, como Armadores de Burela, a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo ou a Asociación de Exportadores Maioristas de Peixes e Mariscos, así como do Concello de Burela.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



