Nota de prensa
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA CLAUSURA DA LIGA DE TENIS FEMININO E A ESCOLA DE VERÁN DO CLUB MARZÁN DE FOZ
Estas actividades implicaron no deporte a moitas rapazas e mulleres ao longo de todo o verán
F
OZ, 11 de setembro de 2011. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá na clausura da liga de tenis feminina e da escola de verán do club Marzán de tenis de Foz.
Esta actividade reuniu ao longo de todo o verán a moitas deportistas que se achegaron até as pistas de tenis do club de Marzán para practicar tenis. Desta maneira desenvolveuse a escola de verán, onde persoas do club e outras puideron acceder a xogar ao tenis e adestrar mellorando a súa técnica, maila liga feminina de tenis, que contou cunha organización competitiva para rematar, no día de hoxe, premiando ás vencedoras.
A Área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, que dirixe o nacionalista Antonio Veiga, apoia economicamente a posta en marcha destas actividades deportivas do Club de Tenis de Marzán, que implican a un grande número de persoas na práctica deportiva tendo ademais, como no caso das actividades que se clausuran hoxe, especial importancia ao tratarse de actividades que promoven a inserción da muller no deporte.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
