Nota de prensa
Barreiro: “está constatado que mancomunar servizos dá bos resultados”
O voceiro dos populares na Deputación defendeu esta opción coma “ unha saída eficaz para axudar a que os concellos poidan sobrelevar a penuria económica na que se atopan”
Lugo, a 16 de setembro de 2011.- O voceiro do Grupo provincial do Partido Popular avogou por mancomunar servizos como “alternativa eficaz” para que os concellos, “sobre todo os de menor tamaño”, aforren.
José Manuel Barreiro asegurou hoxe que os concellos apoian esta posibilidade “porque permítelles manter servizos e reducir custos” e recalcou que mesmo a Xunta “está nesta liña”, xa que vén de anunciar que priorizará a concesión de axudas que sexan solicitadas de xeito conxunto polos municipios.
“Tendo presente as penurias económicas polas que están a pasar as administracións locais, e asumindo que os servizos básicos son irrenunciables, case todos coincidimos en que as mancomunidades son unha boa opción. Uns poucos optan por non facer nada, aínda que dirixan institucións que deberían liderar este tipo de procesos, antepoñendo así o interese partidista sobre o xeral ”, dixo.
Neste senso, Barreiro reprochou á administración provincial “a súa inacción”, ó tempo que lembrou que o Partido Popular incluía no seu programa de goberno para a Deputación a potenciación deste tipo de asociacións supramunicipais “para axudar ós concellos e optimizar recursos”.
Salientou asimesmo que as experiencias desta índole que xa se están a desenvolver na provincia están a dar bos resultados. Así, puxo de exemplo ós concellos de Barreiros, Lourenzá e Trabada, que mancomunaron a recollida do lixo ou o feito de que Barreiros e Lourenzá teñan un acordo polo que comparten maquinaria de propiedade municipal e incluso a propia mancomunidade da Mariña, que, entre outras iniciativas, pemitirá poñer en marcha un proxecto de promoción turística conxunto. “Todas son ventaxas”, concluiu, “aínda que algúns non quieran recoñecelas”.
REHABILITACIÓN
José Manuel Barreiro puxo de exemplo concellos da Mariña porque esta mañá mantivo unha xuntanza cos deputados provinciais Elena Candia e José María Gómez, á que tamén asistiu unha concelleira de Barreiros, para interesarse polo desenvolvemento dalgúns proxectos pendentes no municipio barreirense. Un dos que centrou a súa atención foi o arranxo dos Colexios Vellos. Un edificio indiano, agora de propiedade municipal, que para que se inicie a súa rehabilitación o Concello está á espera de asinar un convenio coa Deputación para o que, de feito, a propia administración provincial xa redactou un proxecto.
A este respecto, os populares lembraron que o actual vicepresidente primeiro da Deputación Antonio Veiga xa comprometera “hai más de catro anos, antes incluso da celebración das eleccións municipais de 2007”, axuda económica desta institución para a execución das obras.
“Pasou moito tempo pero o Sr Veiga, a golpe de excusas, aínda non cumpriu o seu compromiso. Agardamos que agora que ascendeu a vicepresidente si o faga”, explicaron.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



