Nota de prensa:
MAR RESPONDE AO BNG QUE “OS CONVENIOS PARA A RECUPERACIÓN DO MARISQUEO DAS ÁREAS DE ZONA C TERÁN CONTINUIDADE”
Bieito Lobeira avanzou que o BNG seguirá moi de cerca o cumprimento deste compromiso formulado pola directora do INTECMAR en sede parlamentar
Santiago de Compostela, 22 de setembro, 2011. O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira formulou hoxe unha pregunta na comisión de pesca, celebrada no Parlamento galego sobre a actividade produtiva e emprego nos bancos marisqueiros clasificados como Zonas C e a garantía das rendas de ingresos do colectivo de mariscadoras e mariscadores.
A Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), Covadonga Salgado respondeu ao parlamentario do BNG que os convenios para a recuperación do marisqueo das Zonas C se asinarán coas confrarías e afirmou que o primeiro obxectivo da Consellaría do Mar é “acadar a maior calidade nas augas galegas”.
Na súa intervención, o nacionalista asegurou que a Consellaría do Mar eliminou todos os convenios subscritos coas confrarías para a recuperación do marisqueo nas áreas catalogadas como zonas C que non poden comercializar en fresco o marisqueo extraído nin sequera sobmétendoo a procesos de depuración intensiva.
Neste sentido, manifestou que o Goberno do Partido popular prefire “aforrar cartos” nos colectivos que máis o precisan e agora “a situación non mellora” xa que tras dous anos, a actual Consellaría do Mar precipitadamente e sen consulta nin negociación dicide eliminar estes convenios.
O parlamentario do BNG afirmou que as consecuencias desta medida poden ser “desastrosas” para as rías de Ferrol e A Coruña que padecen graves problemas da contaminación e sedimentación así como o furtivismo organizado.
Asemade, o nacionalista comparou o número de zonas A e C entre as costas de Andalucía, Valencia ou Asturias e as de Galiza das que dixo que “a efectos de produción”, o litoral galego supera en grande medida ás anteriores e sen embargo temos peor calidade de augas e “deberíamos dar exemplo ao resto do litoral do Estado español e de Europa no coidado e na protección do noso litoral”-dixo-.
Trala resposta da responsable da Consellaría do Mar, o parlamentario avanzou que o BNG fará un seguimento do compromiso coas confrarías e as medidas que tomará Mar para mellorar a calidade das augas galegas.
Noutra orde de cousas, o deputado tamén se interesou pola localización da batea a fondear para a plena depuración do marisco procedente de Zona C ao que a directora do INTECMAR non respondeu sobre prazos nin emprazamento.


















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



