Nota de prensa
O PP de Burela pón en marcha unha comisión de coordenación do partido co grupo municipal.
Manterá reunións de carácter trimestral.
Integra ós membros da candidatura das municipais e ós concelleiros da anterior lexislatura.
Burela, 14 de setembro de 2011.- O PP de Burela anunciou hoxe a posta en funcionamento dunha comisión de coordenación entre o partido e o grupo municipal, que terá como obxectivo avaliar o traballo que se fai desde o propio grupo municipal así como axudar a planificar actuacións e colaborar na fixación de prioridades. Igualmente, nesta comisión daráselle traslado ó grupo municipal de suxerencias que poidan significar unha millora da acción de goberno.
Esta comisión estará coordinada por dúas persoas, Blanca Fernández e Josefa Yáñez, que formaron parte da candidatura pero que non resultaron elixidos concelleiros. No seu da comisión integrarase a totalidade dos membros que formaron parte da candidatura que concurriu ás eleccións municipais do pasado mes de maio, xunto cos concelleiros populares da lexislatura anterior.
O réxime de reunións será de carácter trimestral, ainda que a seguinte celebrarase con total seguridade na segunda quincena de outubro. Os populares pretenden sistematizar o traballo desta comisión e ó mesmo tempo, a través dela, acadar unha perfecta interrelación entre o partido e o grupo municipal, contando en todo momento coas aportacións feitas polo primeiro.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



