MONSEÑORES
O 23 do actual, tivemos a gozosa ocasión de participar en acto singular, solemne i emotivo, na catedral de Mondoñedo. A nosa presenza debíase ó desexo de ser testemuña da entrega que o bispo facía dos títulos de Prelados de honor da Súa Santidade, a D.Uxío García Amor e D.Enrique Cal Pardo, ós que se recoñece o seu labor sacerdotal, en entrega exemplar, ó longo de moitos anos.Non deixamos pasar o evento sen glosar, dende a nosa torpe dialéctica, a personalidade, humana e intelectual, dos distinguidos, con cuxa amizade nos honramos dende hai 50 anos e ós que temos por persoeiros modélicos, considerada a condición mais alá da entrega entusiasta à que é, dende moi novos, a súa irrenunciable vocación,
D.Enrique e D.Uxío compendian as virtudes que invisten ò individuo da autoridade moral que lles otorgan as persoas que os coñecen : a personalidade e formación, intelixencia e cultura, sempre ó dispor dos demais; a honestidade e sinxeleza; o respecto e consideración para cos semellantes, o espíritu de servicio… Son esas, e outras, as razóns polas que aquela tarde os presentes amosaban a emoción e o seu contento por vivir preto destas persoas excepcionais, a ledicia compartida, física e anímicamente.
D.Enrique, traballador incansable, escritor, historiador, investigador, mergullado no anonimato voluntario dende o que, con toda a modestia, case que pedindo perdón, imparte o seu maxisterio, como lle consta a este cronista…
Os comezos da nosa amizade con D.Uxío sitúanse polos anos sesenta cando se creou o Orfeón de Obreiros de Mondoñedo, do que foi o primeiro director, colectivo co que este cronista mantivo sempre, e mantén na actualidade, lazos moi afectivos. Poeta, musicólogo, xeneroso, bondadoso, é a dozura en persoa..
O título recibido permitelles utilizar na sotana botonadura bermella e faxín da mesma cor, como fixeron o día mencionado. Para nós tales adobíos non fan senon vestir de gala a que é a súa proverbial humildade.Desde agora, dous Monseñores; parabéns.
Suso Fernández





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



