Nota de prensa:
Novas Xeracións debate as liñas a seguir para emprender o ‘Camiño do Cambio’
Xaime Pita, Xosé Manuel Barreiro e Manuel Julio Platero analizaron cos mozos populares as medidas que se deben tomar para facer fronte a actual situación de crise que asolaga o país
Lugo, 16 setembro de 2011.- Novas Xeracións da provincia de Lugo organizou esta tarde na sede do Partido Popular na localidade un coloquio, no que baixo o lema “O Camiño do Cambio”, os mozos da agrupación xunto con personaxes con experiencia no mundo da política analizaron a actual situación que atravesa España e a necesidade de emprender unhas novas liñas de actuación tralas próximas eleccións xerais do 20 de novembro.
No acto organizado pola agrupación político xuvenil vinculada aos populares participaron o ex conselleiro de Presidencia durante o goberno de Manuel Fraga, Xaime Pita; o presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro e o ex presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo e xerente do partido, Manuel Julio Platero.
A secretaria xeral de Novas Xeracións da cidade de Lugo, Mar Carballas Piñeiro, abriu o coloquio, que deu comezo ás 20:30 horas e que estivo moderado polo presidente local de Novas Xeracións, Jacobo da Silva Ares.
Durante a clausura, o presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, resaltou a importancia da experiencia “en momentos difíciles”, en referencia ao traballo realizado por Pita, Barreiro e Platero.
Así mesmo, Vega pediulle aos mozos que “andiveran cara o camiño do cambio para que España sexa un país cheo de oportunidades para os mozos”. O presidente provincial incentivounos “a saír á rúa e gritar alto e claro que nosoutros non queremos un desgoberno. Queremos un goberno que escoite, que recolla e pida a colaboración da mocidade deste país, desta nación, que é España”. Neste senso, o presidente provincial recordou a situación de 1996, época na que un goberno popular “levantou a un país da crise”.
Xornal ‘O Sentir Popular’
Novas Xeracións da Provincia de Lugo presentou esta mañá o seu xornal informativo, “O Sentir Popular”, co que a agrupación política pretende, segundo Vega, “trasladar á xuventude as iniciativas e ideas promovidas dende NNXX”, ademais a publicación permitirá a interactividade “cos mozos e escoitar as súas inquedanzas”. O “Sentir Popular” poderase consultar na páxina web do partido e na de Novas Xeracións.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



