Nota de prensa
O EQUIPO DE GOBERNO OCULTOU TODO O VERÁN QUE A AUGA DA PRAIA DA RUETA NON ERA APTA PARA O BAÑO
-A Consellería de Sanidade alertou ó Concello de que era obrigatorio informar deste feito ós usuarios no propio areal, pero non o fixeron así, “a súa maneira de actuar foi toda unha neglixencia”
-Destacaron que “moitas persoas se bañaron igual, entendendo que a auga non tiña ningún problema, pois non había ningún cartel que os informara do contrario”
CERVO, 21 DE SETEMBRO. O Grupo Municipal Socialista denuncia que o equipo de goberno de Cervo ocultou durante todo verán que a auga da Praia da Rueta non era apta para o baño. Era responsabilidade do Concello colocar no areal un cartel informativo que alertara da situación ós bañistas, pero non foi así.
Os socialistas aseguran que moitos veciños e visitantes, usuarios deste areal, pediron reiteradamente ó longo do verán que se dotase a esta praia dos servizos dun socorrista. “Era estraño que este ano no que o Concello contaba con 20 vixiantes, máis ca ningún outro, non se satisfixeran as peticións dos usuarios. Dende o GMS tratamos de averiguar porque non se dotaba de servizo de vixianza a praia de rueta e vimos como , a principios do verán, a Consellería de Sanidade xa alertara ó Concello de que as augas deste areal non eran aptas para o baño e que era obrigatorio informar deste feito ós usuarios na propia praia.
O GMS sinalou que “a maneira de actuar do actual equipo de goberno foi toda unha neglixencia e deben unha explicación ós usuarios e veciños. ¿Por qué noutras praias sí hai carteis informativos desta situación e nesta que era obrigatorio non? Non culpamos ó Concello de que as augas non sexan aptas para o baño pero sí de ocultar unha información que os bañistas teñen o dereito de saber e o Concello de comunicar”.
Subliñaron que “a Praia da Rueta, é un areal moi concurrido, mesmo este verán, moitas persoas difrutaron alí do seu tempo libre e se bañaron igual entendendo que a auga non tiña ningún problema, pois ningún cartel os informaba do contrario”. E engadiron, “esperamos que se leven a cabo as medidas oportunas para que esto non se repita, que se dé unha solución ó problema se é posible e se non, que non se volva a ocultar unha información deste tipo ós bañistas, porque igual temos que lamentar algo que se podía ter evitado”.