Nota de prensa
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado reforza mediante axudas directas ás actividades que neste sentido emprendan varios concellos da Mariña lucense
A Xunta destina preto de 50.000 euros para actividades dirixidas á xuventude, información e acceso ás novas tecnoloxías
* O deputado popular Jose Manuel Balseiro valora positivamente o compromiso e a aposta desenvolvida polo Goberno galego en apoio da xente moza.
A Mariña, 2 de setembro de 2011. O deputado popular Jose Manuel Balseiro valorou positivamente o compromiso e a aposta desenvolvida pola Xunta de Galicia en apoio da xente moza, tras coñecerse que a administración autonómica destinará preto de 50.000 euros para actividades dirixidas á xuventude, información xuvenil e acceso ás novas tecnoloxías.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, amplía e reforza mediante estas axudas ás distintas accións que neste ámbito emprendan varios concellos da Mariña lucense.
Máis en concreto a relación de municipios da nosa comarca beneficiados pola achega da Xunta inclúe 12 entidades locais –que previamente solicitaron as axudas-, con contías que varían en función dun baremo que valora, entre outras, a memoria de actividades propostas e o número de participantes potenciais nas mesmas
Os concellos beneficiarios son os de Alfoz (4.227,83 €), Barreiros (4.342,09 €), Burela (3.827,90 €), Cervo (4.170,69 €), Foz (3.427,97 €), Lourenzá (3.999,30 €), Mondoñedo (3.713,63 €), Ourol (2.248,50 €) Ribadeo (3.599,37 €), Valadouro (4.227,83 €), e Vicedo (4.456,36 €), Xove (4.627,76 €), cunhas contías que en global son próximas aos 50.000 euros.
As achegas económicas da Xunta están dirixidas a proporcionar o financiamento complementario para que os concellos receptores poidan desenvolver distintas actividades formativas e educativas, actividades relacionadas coa creación xuvenil, os programas de información e asesoramento, ocio e tempo libre, os programas que fomenten a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías e, en xeral, todas aquelas actividades relacionadas co fomento da participación e o asociacionismo xuvenil.
O Goberno autonómico inclúe estes apoios dentro da súa estratexia para a mocidade galega denominada Xuventude 2013, coa finalidades, entre outras, de potenciación dos espazos de lecer e información xuvenil, crear oportunidades para a mocidade na educación en no emprego; potenciar a solidariedade; e mellorar o acceso das persoas mozas á participación na sociedade e ao coñecemento das novas tecnoloxías.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



