Nota de prensa
O voceiro popular do Mar sinala a fortaleza dos portos de Burela e Celeiro que representan preto do 60% da actividade do conxunto dos portos de titularidade autonómica e colocan a Galicia no primeiro posto a nivel de pesca fresca no conxunto de España
BALSEIRO XULGA COMO MOI POSITIVO QUE OS PORTOS MARIÑÁNS LIDEREN O RANKING AUTONÓMICO EN DESCARGA DE PEIXE FRESCO
Os datos reforzan a importancia estratéxica do sector pesqueiro mariñán como impulsor da actividade económica da provincia, sobre todo en tempos de crise, e o acertado dos esforzos da Xunta no seu apoio.
Santiago, 28 de setembro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro xulga como “moi positivo” que os portos mariñáns lideren o ranking autonómico en materia de descarga de peixe fresco. Segundo os últimos datos coñecidos a zona con maior actividade neste ámbito foi a costa Cantábrica, con 28.868 toneladas de descarga en pesca fresca. A costa lucense están por riba das provincias da Coruña e Pontevedra. De feito, só nos peiraos de Burela e Celeiro recolleuse o 98% do peixe fresco de toda a costa norte galega, e xuntos ambos portos representan o 57,88% do volume total de toda a comunidade durante o mes de agosto.
O voceiro popular do Mar explica que estos datos dan mostra da fortaleza dos portos de Burela e Celeiro. Ambos están situados no posto primeiro e segundo –en número de descargas- dentro dos 122 portos de titularidade autonómica. Balseiro salienta que esta gran capacidade foi clave para que a comunidade galega poida colocarse tamén no primeiro posto a nivel de pesca fresca no conxunto de España.
Balseiro Orol tamén explicou que estes datos redundan na importancia estratéxica do sector pesqueiro mariñán como impulsor da actividade económica en tempos de crise e no acertado dos esforzos que está a levar a cabo a Xunta no seu apoio. Sinalou tamén que gran parte deste volume económico revirte directamente na provincia “o que sempre é unha boa nova”



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



