Nota de prensa
PROXECTO RÍOS ORGANIZA A IV XORNADA DE LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS O DOMINGO 2 DE OUTUBRO
Aumenta o número de concellos e entidades participantes
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011. Un ano máis o Proxecto Ríos, promovido por ADEGA organizan a cuarta limpeza simultánea en ríos, desta volta será o primeiro domingo de outubro día 2. A limpeza vai en aumento e nesta xeira realizarase en 39 treitos de río distribuidos en 37 concellos e coa colaboración de 48 entidades. A día de hoxe xa están apuntadas máis de 500 persoas, e dende o Proxecto Ríos consideramos moi significativa a implicación da cidadanía na conservación dos cursos fluviais.
Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar xa tres campañas de limpeza, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos case habituais nos cursos fluviais e en moitos dos nosos montes. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. Por iso, a limpeza non é unha iniciativa illada dun día de retirada de lixo, senon que se enmarca dentro das actitudes responsables cara a conservación do medio natural e dos ecosistemas fluviais. O coidado e o respeto polo entorno farían innecesarias actividades como esta, ahí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os nosos ríos.
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais. Ademáis creouse unha páxina web específica http://limpeza.proxectorios.org/ con información sobre a limpeza, os grupos participantes e contacto dos coordinadores/as. Como nas anteriores limpezas entre o voluntariado repartiranse camisetas específicas co lema Móllate polos ríos.
Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, e tamén para proporcionar material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Os anos anteriores retiráronse un total de 18 toneladas de lixo (estimadas) de orixe diverso (neveiras, rodas, radiografías, colchóns…). Por este motivo queremos agradecer a colaboración dos seguintes municipios: Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Valga. Lamentar tamén que outros concellos non foran quen de apoiar esta iniciativa e dar soporte (luvas, bolsas, etc) a unha actividade de participación cidadá, como exemplo o concello de Vigo o máis grande de Galiza e que conta cun dos ríos máis contaminados, o Lagares. A actividade está financiada por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe) que dan soporte ao Proxecto Ríos e colabora tamén nesta limpeza a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Destacar igualmente a implicación das 48 entidades así como dos voluntarios e voluntarias, e agradecer que se sumaran a esta iniciativa xa que sen a súa colaboración esta actividade sería imposible.
A continuación podes consultar as entidades e os concellos donde se realizará a IV Limpeza simultanea de ríos.
| concello | grupo | ||
| 1 | A Estrada | Asoc. A Xesteira
Asoc. pola Defensa do Val do Liñares Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo) |
|
| 2 | A Merca | Asoc. Xuvenil Xoldreira | |
| 3 | Arbo | Concello de Arbo | |
| 4 | Arteixo | ADEGA Coruña | |
| 5 | Arzúa | ADEGA Alto Ulla
Concello de Arzúa Asoc. de pescadores amigos do Iso |
|
| 6 | Betanzos | ADEGA Coruña | |
| 7 | Caldas de Reis | Asoc. Cultural Xesús González Aboi | |
| 8 | Cambre | Oficina de voluntariado do concello de Cambre | |
| 9 | Carral | Concello de Carral | |
| 10 | Catoira | C. M. V. M. C. San Miguel de Catoira | |
| 11 | Carnota | ADEGA Costa da Morte | |
| 12 | Compostela | ADEGA Compostela | |
| 13 | Cospeito | Asoc. Revolta Natural | |
| 14 | Cuntis | Asoc. Cultural “O Fervedoiro” | |
| 15 | Fene | AETNA | |
| 16 | Forcarei | Asoc. Moz@s de Forcarei
C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras A Hortiña da Ponte Asoc. Entreríos Asoc. Cult. Pataqueiros de Millerada Élida (Taberna do Tato) |
|
| 17 | Lalín | Concello de Lalín | |
| 18 | Lugo | ADEGA Lugo | |
| 19 | Mañón | Asoc. Cultural Barqueirock | |
| 20 | Melide | Asoc. De Pescadores do Río Furelos | |
| 21 | Moraña | Asoc. Cultural “O Arrieiro” | |
| 22 | Muxía | Concello de Muxía | |
| 23 | Neda | Asoc. Social Néboa | |
| 24 | Ordes | ADEGA – Ordes | |
| 25 | Nigrán | APERTA | |
| 26 | Ourense | ADEGA – Ourense | |
| 27 | Ponteareas | Plataforma pola defensa do Tea | |
| 28 | Pontecesures | Concello Pontecesures | |
| 29 | Pontevedra | Vaipolorío
Fundación Juan XIXII ADEGA-Pontevedra |
|
| 30 | Quiroga | ||
| 31 | Redondela | Concello de Redondela | |
| 32 | Ribadumia | Colectivo Ecoloxista do Salnés | |
| 33 | Salceda de Caselas | Asoc. Trezecatorze | |
| 34 | San Sadurniño | Concello San Sadurniño | |
| 35 | Trives | AMPA O recreo | |
| 36 | Valga | Concello Valga | |
|
37 |
Vigo | ADEGA Vi |




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



