Dende a Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade ofértase un programa de actividades que se van a desenvolver durante o último trimestre. O prazo de inscrición estivo aberto dende o 15 de setembro remata o 30 de setembro, para anotarse aos seguintes obradoiros: Escola de Maiores, dirixida a maiores de 60 anos. Anótase na oficina da Educadora Familiar. Obradoiros de longa duración: Bordado, Bolillos, Ioga e Bailes de Salón, dirixidos a maiores de 18 anos. Lugar de inscrición na OMIX. Curso de Perfeccionamento Informático, para maiores de 18 anos. Anótase na OMIX. Obradoiro de Hip-Hop, dirixido a rapaces e rapazas de 11 a 18 anos. Lugar de inscrición na OMIX. Outras actividades nas que se pode participar: Festa do Samaín, que se levará a cabo os días 28 e 29 de outubro. Obradoiro de pintado e colocación das figuras do Belén na Omix, durante os días 21,22 e 23 de decembro. Torneo de Tenis de Mesa, o día 28 de decembro. Para máis información, dirixirse á Oficina de Información Xuvenil (OMIX).






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



