NOTA DE PRENSA
Empezará a súa actividade con 16 prazas que irán incrementándose gradualmente
O CENTRO DE DÍA LAURENTINO ABRE AS SÚAS PORTAS O VINDEIRO LUNS
Os usuarios poderán almorzar, comer e merendar no centro ademais de poder solicitar o trasporte en caso de que lles fose necesario.
Reprochan os socialistas a decisión do concello de non celebrar o Xantar da Terceira Idade pero teñen a desfachatez de facelo baixo as siglas do goberno que nos levou a ter que tomar esta triste decisión
Lourenzá, 30 de setembro do 2011.- A concelleira de Servizos sociais de Lourenzá, Emma Alvarez informa de que o centro de día da localidade abre as súas portas o vindeiro luns dia 3.
Este centro de día será xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar baixo a formula de concesión a unha empresa privada. O número de prazas concedidas para este ano 2011 e de 16 que se irán aumentando progresivamente ata acadar as 30, é dicir o pleno rendemento do centro.
As prazas aprobadas serán para atender casos de dependencia pero tamén de libre concorrencia (sempre que non se cubran as de dependentes). Os interesados en utilizar este servizo poderán informarse nos Servizos Sociais do Concello, pero tamén no propio centro de día no horario antes mencionado.
Os usuarios do centro poderán almorzar, comer e merendar no mesmo. Así mesmo, dispoñerán de servizo de trasporte destinado a aqueles usuarios que o demanden.
XANTAR DA TERCEIRA IDADE
En contestación ao que o grupo socialista di no tocante ao aprazamento do Xantar da Terceira Idade, Emma Alvarez quixo manifestar o seu desconcerto ante tales afirmacións, “reprochan a decisión do concello de non celebrar este Xantar pero teñen a desfachatez de facelo baixo as mesmas siglas do goberno –socialista- que nos levou a ter que tomar esta triste decisión. Foron eles os únicos que, na historia da Democracia, ao conxelar as pensións, rebaixaron o poder adquisitivo aos nosos maiores”. A esto hai que sumarlle a situación de afogamento económico que teñen os concellos por mor de non percibir apartacións estatais a causa de liquidacións negativas. A maiores, Emma Álvarez, lembrou que o goberno socialista non cumpre con Galicia nin no tocante á Lei de Dependencia nin no tocante ao financiamento autonómico.
Por outro lado, Emma Alvarez, quixo recordarlle a portavoz socialista local que este concello ata o de agora celebrou sempre o Xantar da 3ª Idade nunha data fixa, o sábado da Festa da Faba, independentemente da data das eleccións. Estamos en precampaña electoral, preguntase por tanto a concelleira si este interés repentino dos socialistas polos maiores non será por facerse notar na precampaña, insinuando que a formación socialista actúa por intereses electoralistas, xa que si fora certo as súas acusacións, celebraríase o Xantar na data habitual, pero como xa se informou, tomouse esta decisión por considerarse algo prescindible e para canalizar ese custo a outras accións que melloran os servizos sociais do concello.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



