NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 2ª TIRADA
(Club Social de Palmeiro – Sábado, 15 de outubro 2011)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CLUB PALMEIRO (15 OUTUBRO 2011 ) 38 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 200 | 12 |
SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 195 | 10 |
TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 193 | 8 |
CUARTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 181 | 7 |
QUINTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 180 | 6 |
SEXTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 179 | 5 |
SÉTIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 179 | 4 |
OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 175 | 3 |
NOVENO | JOSE VIGO LAGE | 172 | 2 |
DÉCIMO | MODESTO ALBO VIDAL | 172 | 1 |
MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 92 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 86 | 6 |
SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 72 | 4 |
TERCEIRO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 62 | 3 |
CUARTO | GONZALO FERNÁNDEZ SILVA | 59 | 2 |
QUINTO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 39 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 43 | 1 | |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 117 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 66 | 4 |
TERCEIRO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 60 | 3 |
CUARTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 51 | 2 |
QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 51 | 1 |
MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 56 | 1 |
-Tarde moi agradable cun sol expléndido. 38 inscritos: 21 na Liga Senior Masculina, 9 na liga Senior Femenina e 8 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Victoria dunha das grandes promesas dos bolos en Xove; non é outro que Cristian Rodríguez Baño, xove xogador que hai dúas tempadas proclamárase campión galego e que sigue cunha gran progresión; o problema de Cristian é que tamén xoga ao fútbol e seguramente non poderá compatibilizar ámbalos dous deportes; así e todo, gran tirada a que realizou esta tarde. Segundo foi Luis Rancaño, o que lle permite ocupar a segunda posición na clasificación xeral. O terceiro posto de Arturo Vigo fai que, grazas ao segundo posto da semana pasada, encabece a clasificación. O ata esta semana líder non participou, dahí que Omar Cabrera perderá o liderato. Ata este intre, os xogadores están rodándose e tentando coller forma despois de varios meses de parón.
Liga Senior Feminina.- Dúas das grandes favoritos ao trunfo final xa comezan a tomar posición na cabeza, e deste xeito Belén Meitín con 11 e Carmen Roca con 9 encabezan a clasificación. Votamos en falta nesta clasificación a outra das grandes, Dolores Baño, quen volveu a ter unha tarde nefasta e inda non atopou o seu punto de xogo; esperemos que Dolores se recupere e escale posición para ocupar o lugar que cremos lle corresponde.
Liga Sub 16.- Nesta Liga temos dous destacados, encabezando conxuntamente a clasificación. Isaias Cardoso e Daniel López con 11 puntos comparten o liderato; Recordamos que estes dous xogadores xa tiveron un importante protagonismo na temporada pasada, xa que Daniel foi terceiro na xeral e Isaias cuarto. Un terceiro xogador podería estar neste intre disputándolles os primeiros postos, e este é Samuel Rey, xogador con grandes cualidades físicas e un excelente potencial, pero fáltalle centrarse e coller un pouca máis de rodamento.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE O VINDEIRO SÁBADO, 22 DE OUTUBRO DE 2011.