Nota de prensa
Nº 75 da revista O Prado Das Chantas publicada pola Asoc. Eco-Cultural Liga Céltiga Galaica.
Os temas máis salientábeis do mes son:
-Moreas de lixo medrando na parroquia de Mor (Alfoz), a revista denuncia os verquedoiros de lixo incontrolados nos barrios de Sonelle e O Barral (Mor).
-Á Liga cúmprenselle os desexos:
Recordatorio de históricas demandas da LCG que os concellos de Alfoz e Valadouro foron cumprindo.
-Monográfico adicado á cultura da morte na Galiza, adiantándose á celebración do Samaín na primeira semana de novembro, lendas, crenzas e relixiosidade popular.
-Artigo de Pilar García Negro encol da galeguización de nomes e apelidos.
-Seccións habituais: Misterios nos Penidos, Alfoz o vieiro dos enigmas, Fotos do noso val.
Lembramos que toda persoa que desexe recibir a revista por correo electrónico debe dirixirse a mensaxe2@hotmail.com, tamén se pode adquirir en papel, de xeito gratuíto, nos locais comerciais de Alfoz e Valadouro