Nota de prensa:
A XUNTA DE GALIZA DESENTÉNDESE DA XESTIÓN DO FUTURO CENTRO DE DÍA E RESIDENCIAL DE CERVO
Os nacionalistas temen que esta decisión supoña a privatización do centro executado en terreos municipais con fondo públicos
A Consellaría de Benestar deixa nas maos do concello de Cervo a xestión do futuro centro asistencial polo que non aclara si será de xestión pública ou privada e si haberá reserva de prazas para as persoas residentes no concello.
Cervo, 4 de outubro de 2011. O BNG está preocupado polo modelo de xestión que se aplicará ao futuro Centro de Día e Residencial actualmente en construción en San Cibrao cuxas obras deberían estar rematadas no ano 2013. Os nacionalistas advirten que os custes non serán os mesmos se a xestión e pública ou privada como tampouco existen garantías da reserva de prazas para residentes no municipio. Coa resposta ofrecida agora pola Consellaría de Benestar aclárase que esta desenténdese da futura xestión das instalacións que quedan en maos do concello, sendo este quen decida cal vai ser o modelo de xestión.
Os nacionalistas critican que a administración competente se desentenda da xestión da futura residencia para deixala nas maos do concello
O BNG valorou como “moi negativo” que a Consellaría de Benestar en quen residen as principais competencias dos servizos sociais en Galiza conxuntamente cos concellos, xa anuncie que non vai asumir a xestión do futuro centro de Dia e Residencial de Cervo, derivando na entidade local esta responsabilidade.
A negativas da Xunta a xestionar o centro para derivar no concello abre a porta para a súa privatización.
Os nacionalistas temen que con esta decisión a Xunta estea abocando ao centro á súa privatización. Neste sentido o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, adiantou que “o BNG é contrario a deixar en maos privadas unha infraestrutura construída en terreos e con financiamento público, xa que pode impedir o seu uso a persoas que non dispoñan dos recursos suficientes e tampouco garante a existencia de reserva de prazas para residentes no municipio que cedeu gratuitamente os terreos”
Estúa insistirá en preguntar ao concello sobre o modelo de xestión e a existencia ou non de prazas de reserva para residentes no municipio.
Os nacionalistas volverán a presentar unha pregunta ao goberno municipal sobre o modelo de xestión e as reservas de prazas para residentes no municipio e “agardan ter mais éxito agora que fai sete meses cando presentaron a mesma pregunta que aínda está sen contestar”. Para Estúa , “é moi interesante coñecer que ten decidido o goberno local para a futura residencia” e insistiu no argumento de que “non serviría aos intereses dos veciños e veciñas de Cervo a cesión gratuíta duns terreos que despois non ofrecen ningún beneficio” .





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



