Nota de prensa
EN NOVEMBRO ARRINCA A VII EDICIÓN DA CAMPAÑA UN FUTURO POR COMPARTIR EN IGUALDADE, QUE ORGANIZAN A CONCELLARÍA DA MULLER, O CIM E A OMIX E NA QUE COLABORAN OS CENTROS DE ENSINO DE RIBADEO. HABERÁ CONTACONTOS, OBRADOIROS E O III CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS.
Ribadeo, 27 de outubro de 2011. O vindeiro mes de novembro arrinca a sétima edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade, que organizan a Concellaría da Muller, o Centro de Información ás Mulleres, a Oficina Municipal de Información Xuvenil e na que colaboran os centros de ensino de Ribadeo: Colexio Gregorio Sanz, Colexio Sagrado Corazón de Xesús, IES Dionisio Gamallo Fierros, Porta da Auga e Ciclo de Formación Profesional Porta da Auga.
A campaña programa accións dirixidas a primaria, onde haberá contacontos ou actividades de animación a partires de xaneiro de 2012; en primaria están previstos obradoiros de coeducación para os días 10 e 11 de novembro, un denomínase Xogos e xoguetes e consiste en traballar os estereotipos de xénero nos xoguetes como ferramenta de socialización co obxectivo de cocienciar aos rapaces e rapazas no uso non sexista do xogo e dos xoguetes, e o outro obradoiro Igualdade…: verdadeiro/falso pretende promover o pensamento crítico a través da rutura dos estereotipos de xénero; e en secundaria desenvolveráse o III Concurso de Guións Cinematográficos Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade, que irá desde novembro ata marzo do vindeiro ano. No caso dos guións o alumnado terá para elaboralos do 16 de novembro ata o 12 de xaneiro, do 13 ao 23 dese mes de 2012 será o prazo de resolución para o xurado, o período de adaptación e rodaxe irá do 24 de xaneiro ao 3 de febreiro, despois terá lugar a edición e montaxe da curta gañadora do 6 ao 29 de febreiro e xa a principios de marzo será a presentación pública da curtametraxe.
A concelleira de Igualdade e Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “posto que o 25 de novembro se celebra o día en contra da violencia de xénero pensamos que a mellor maneira de facelo é traballar sensibilizando, coeducando en relación con esta problemática”. A edil nacionalista subliñou que “a primeira e a segunda curta que elaboramos estes anos atrás están colgadas na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade, pedíunola o Concello para que se poida empregar como recurso e como material didáctico entre todas aquelas persoas que o desexen da nosa comunidade ou das comunidades veciñas”.
En clave de muller
Álvarez Latra explicou que “a Escola de Música de Ribadeo tamén está volcada e xa iniciou este proxecto o curso anterior como traballo da visibilización do que son as mulleres, fixemos unha edición En clave de muller, que tamén a Secretería Xeral de Igualdade está a utilizar como recurso de boas prácticas en diferentes congresos. En clave de muller é un concerto didáctico que versa sobre o coñecemento das mulleres na música, está feito pola Escola de Música en colaboración co CIM e o día 22 de novembro se presentará para toda a sociedade en xeral. No auditorio municipal ás 12 da mañá haberá unha actuación para os rapaces e rapazas dos centros de ensino e ás 20 horas para o público en xeral coincidindo co concerto de Santa Cecilia”.
A responsable de Igualdade e Muller engadiu que “ademáis os días 24 e 25 de novembro contaremos no noso concello coa presenza de Pamela Palenciano, actriz, locutora e muller que traballou moito sobre a sensibilización na violencia de xénero. Ela ten unha exposición de fotografías chamada No solo duelen los golpes, que vai estar en Ribadeo do 24 de novembro ata o 7 de decembro. A ubicación está por decidir. Imos completala con talleres para os centros de ensino pola mañá no Cine Teatro e para persoas adultas de 18 a 20 horas, que probablemente terán lugar na Casa das Letras, pero aínda está por concretarse”.
————————————
VII edición da campaña
” Un futuro por compartir en igualdade”
ORGANIZACIÓN:
- Concellaria da Muller de Ribadeo.
- Centro de Información ás Mulleres.
- Oficina Municipal de Información Xuvenil.
COLABORAN:
- Colexio Gregorio Sanz .
- Colexio Sagrado Corazón de Xesús.
- IES Dionisio Gamallo Fierros .
- Porta da Auga .
- Ciclo de Formación Profesional Porta da Auga .
ACCIÓNS DIRIXIDAS A:
INFANTIL:
Contacontos ou actividade de animación : a partir de xaneiro de 2011.
PRIMARIA:
Obradoiros de Coeducación:
- Obradoiro ” Xogos e Xoguetes” – Destinatarios/as: 2º de Primaria
Datas : 10 e 14 de Novembro.
- Obradoiro ” Igualdade …: verdadeiro/ falso “- Destinatarios/as: 4º e 6 º de Primaria-
Datas : 10 e 14 de Novembro.
SECUNDARIA:
III Concurso de guión cinematográficos : “Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade ” : Novembro 2011- Marzo do 2012
Cursos: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e ciclos formativos.
ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á SECUNDARIA
“Promovendo a igualdade”
CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATROGRÁFICOS
“Promovendo a corresponsabilidade”
ÍNDICE
1. Denominación da acción
2. Fundamentación
3. Obxectivos
4. Estrutura do proxecto
5. Temporización
6. Alumnado destinatario da intervención
7. Metodoloxía
8. Medidas para garantir a calidade dos traballos.
9. Avaliación
1. DENOMINACIÓN DA ACCIÓN
“CONCURSO DE GUIÓNS PROMOVENDO A CORRESPONSABILIDADE”
A actividade consiste na realización dun concurso de guións para empregar o cine como unha ferramenta didáctica para a promoción da corresponsabilidade, utilizando para isto, ideas innovadoras arredor do reparto equitativo de tarefas.
2. FUNDAMENTACIÓN
O cine preséntase como unha das mellores ferramentas de aprendizaxe, para a coeducación, elaboración e difusión de materiais coeducativos orixinais, e programas innovadores, creouse non só para divertir e entreter, senón para educar e concienciar
a cidadanía.
A finalidade do programa que aquí se esboza é sensibilizar á mocidade na asunción das responsabilidades domésticas e familiares.
Así pois, a elaboración dun guión cinematográfico supón unha ferramenta didáctica moi interesante para a promoción da igualdade, xa que dende a perspectiva de que o alumnado no seu proceso de creación estase preguntando en cómo transmitir unha mensaxe didáctica que chegue ao resto da comunidade educativa, o que por un lado fortalece as súas propias conviccións e por outro promove valores e actitudes positivas para a súa responsabilidade nas labores do fogar.
Polo tanto, consideramos fundamental aproveitar este potencial creativo como instrumento para fomentar a igualdade nos fogares, que cristalice finalmente na elaboración dun material didáctico de uso efectivo nos centros educativos e de prolongación as familias, a través dun recurso feito polo alumnado para estender o seu uso ao alumnado de secundaria, dando un soporte ao profesorado no momento de abordar o traballo da promoción da igualdade de oportunidades na aula.
Ademais, consideramos que dende a potenciación de procesos verdadeiramente participativos, podemos crear as condicións didácticas necesarias para que o alumnado adquira as competencias básicas no seu proceso de desenvolvemento persoal, de cara a asentar unha verdadeira educación para a igualdade que teña
incidencia real nos seus hábitos e comportamentos cotiás.
3. OBXECTIVOS
- Promover a adquisición de valores ligados á promoción da igualdade dende a expresión creativa que supón a elaboración dun guión cinematográfico.
- Fomentar dinámicas plenamente participativas e motivadoras para o alumnado na creación de propostas de educación para a igualdade.
- Desenvolver materiais didácticos audiovisuais, próximos ao alumnado, que teñan un uso efectivo por parte do profesorado na aula.
4. ESTRUTURA DO PROXECTO
O Proxecto “PROMOCIÓN DA CORRESPONSABILIDADE“, consta dunha serie de fases até a creación do material didáctico audiovisual final. Cada unha destas fases, adquire unha relevancia fundamental para a obtención final dun material didáctico de calidade, que sexa óptimo para o profesorado e alumnado na promoción da igualdade de oportunidades.
1. Proceso de Comunicación aos centro educativos. Presentación do concurso nos IES do Concello de Ribadeo para constatar a súa participación no Proxecto.
2. Obradoiros en Aula. Previamente aos obradoiros, resulta esencial organizar co centro educativo os tempos onde desenvolver os obradoiros, que serven para explicar o
concurso (as súas bases) e a técnica de elaboración dos guións ao alumnado. Os obradoiros terían unha duración de unha hora.
3. Elaboración de guións por parte do alumnado. Nesta fase do proceso, o alumnado pode contar co apoio do profesorado (se considera a actividade de interese), e do equipo técnico do programa, que establecerá unha serie de sesións intermedias de apoio para asesorar ao alumnado nas súas dúbidas durante o proceso de creación. Estas sesións de apoio serven para axustar a nivel conceptual e actitudinal o enfoque que o alumnado ofreza na súa relación coa temática da igualdade de oportunidades, e baixo que perspectiva guía a trama do seu guión.
4. Período de Resolución. Un xurado composto por persoal experto en xénero e membros/as do Concello de Ribadeo, participarán na determinación do guión gañador do Concurso. A comunicación o centros irá acompañada da entrega de premios.
5. Período de Adaptación do guión e Rodaxe. O equipo técnico do programa fará as axustes necesarias, co alumnado autor do guión. A hora de participar o centro na iniciativa, deben de ter en conta que debe de ofrecer todas as facilidades posibles para o período de rodaxe, creando espazo e tempos necesarios para o mesmo, coa participación do alumnado.
6. Edición e Montaxe da Curta gañadora do Concurso.
7. Presentación Pública da Curtametraxe na que participan todo o alumnado do centro educativo participante.
8. Elaboración da Parte didáctica vinculada á Curta-Documental.
5. TEMPORIZACIÓN
O seguinte cadro amosa unha estimación dos procesos do proxecto, e a súa proposta temporal, que irá concretándose a medida que avanze o proxecto.
- Proceso de Comunicación aos centros educativos: 1ª semán de novembro 2011
- Obradoiros en Aula: As datas están fixadas no cronograma
- Elaboración de guións por parte do alumnado: 16 de novembro- 12 de xaneiro.
- Período de Resolución: 13 de xaneiro – 23 de xaneiro do 2012.
- Período de Adaptación do guión e Rodaxe: 24 de xaneiro – 3 de febreiro 2012.
- Edición e Montaxe da Curta gañadora do Concurso: 6 de febreiro – 29 de febreiro do 2012.
- Presentación Pública da Curtametraxe (a parte didáctica presentaríase a posteriori): 6, 7 , 8 ou9 de marzo ( pendente de determinar o dia concreto)
A parte didáctica teríase que presentar a posteriori, xa que se precisaría ter elaborado a curtametraxe para desenvolver os contidos.
6. ALUMNADO DESTINATARIO DA INTERVENCIÓN
Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO dos IES Dionisio Gamallo Fierros, Sagrado
Corazón, IES e FP Porta da Auga do Concello de Ribadeo.
7. METODOLOXÍA
A metodoloxía basease na participación activa do alumnado no proceso de construción dun material didáctico dirixido á promover a igualdade de oportunidades. Polo tanto, adquire enorme transcendencia o establecemento de dinámicas de traballo que fomenten a creación grupal, e a participación efectiva do alumnado no proceso creativo, de cara a transmitir valores igualitarios, e destrezas específicas para xestionar a relación do/da adolescente coa temática de xénero.
Polo tanto, favorecemos dende unha perspectiva constructivista, que o alumnado incida no seu proceso de ensino-aprendizaxe.
8. MEDIDAS PARA GARANTIR A CALIDADE DO PROXECTO
Establecéranse medidas que permitan facer un seguimento continuo do proxecto e garantir a súa calidade.
En concreto, cabe mencionar as seguintes:
- É imprescindible formación específica para o proxecto que se vaian desenvolver, isto garante a consecución dos obxectivos.
- Toda a documentación que se vai xerando durante a realización do traballo será xestionada de maneira que o acceso a esta sexa rápido e eficaz por parte de calquera persoa implicada no proxecto, o que permitirá unha mellor e máis rápida resposta ante calquera cuestión ou petición da/o cliente.
- Empregárase o enfoque de xénero no deseño e desenvolvemento dos contidos e en toda a documentación producida.
ACTIVIDADES DIRIXIDAS A PRIMARIA
Obradoiros de coeducación
1. INTRODUCCIÓN: “OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN”
Unha das alternativas coeducativas máis globalizadoras e útiles para compensar as desigualdades socializadoras respecto do rol sexual, son os obradoiros na aula. Con estes obradoiros podemos desenvolver un amplo abano de actividades para proporcionar sensibilización desde idades moi temperás. Os obradoiros son, a súa vez, un instrumento dinamizador co que levamos a cabo a nosa práctica.
2. OBXECTIVOS
Os obxectivos desta proposta serán os seguintes:
- Potencia-la educación na igualdade de oportunidades entre o alumnado de Educación Primaria no Concello de Ribadeo.
- Modificar estereotipos que se consideran como tipicamente masculinos e femininos.
- Desenvolver un pensamento crítico que permita analizar os estereotipos e actitudes sexistas no fogar.
3. CONTIDOS DOS OBRADOIROS
Obradoiro: “XOGOS E XOGUETES“
Destinado a: 2º Primaria
- A actividade consiste en traballar os estereotipos de xénero nos xoguetes como ferramenta de socialización
- Concienciar no uso non sexista do xogo e dos xoguetes.
Actividades.
Reflexión previa sobre os xogos e xoguetes. Traballo en grupo con ficha. Conclusións da actividade. Proxección de vídeo (2 minutos) para reforzar o traballado.
Obradoiro: “IGUALDADE…: VERDADEIRO/FALSO“
Destinado a: 4º e 6º Primaria.
- Pensar e reflexionar sobre as crenzas que teñen nenas e nenos.
- Promover o pensamento crítico a través da ruptura de estereotipos de xénero.
Actividades:
- Reflexión grupal sobre os diferentes afirmacións en torno a igualdade (adaptadas para as idades do alumnado de 4º e 6º).
- Cumprimentar unha ficha respondendo verdadeiro o falso a varias preguntas.
- Reflexión final de conceptos.
- Proxección de vídeo (2 minutos) para reforzar o traballado
4. CRONOGRAMA ACTIVIDADES PRIMARIA E SECUNDARIA
Datas | Colexio Gregorio Sanz | Colexio Sagrado Corazón de Xesús | IES Dionisio Gamallo Fierros | IES Porta da Auga |
Xoves 10 de novembro | 2º de Primaria 12.00h-13.00h 4º de Primaria 15.00h-16.00 6º de Primaria 16.00h-17.00h | SECUNDARIA:3º da ESO 13.15-14.30h | ||
Venres 11 de novembro | SECUNDARIA:2º E 3º da ESO 10.10h-11.00h | SECUNDARIA:Obradoiros na aula: 1º e 2º ESO: 13.15h- 14.05h | ||
Luns 14 de novembro | 6º de Primaria: 12.00h-13.00h 4º de Primaria: 15.00h-16.00h 2º de Primaria: 16.00h-17.00h | SECUNDARIA:Obradoiros na aula: 3º e 4º ESO: 9.50h- 10:40h | ||
Martes 22 de novembro | PRIMARIA:5º E 6 11.00h- 12.30h Concerto da Escola de Música En clave d Muller | SECUNDARIA:1º E 2º ESO 11.00h- 12.30h Concerto da Escola de Música En clave d Muller | SECUNDARIA:1º E 2º ESO 11.00h- 12.30h Concerto da Escola de Música En clave d Muller | SECUNDARIA:1º E 2º ESO 11.00h- 12.30h Concerto da Escola de Música En clave d Muller |
Venres 25 novembro Obrad. Pamela Palencian | SECUNDARIA:3º ESO e 4º ESO 9.00h- 11.00h Obrd. Violenc de xénero | SECUNDARIA:3º ESO e 4º ESO 9.00h- 11.00h Obrd. Violenc de xénero | SECUNDARIA:3º ESO e 4º ESO 9.00h- 11.00h Obrd. Violenc de xénero |
Os Talleres de Violencia de xénero impartidos por Pamela Palenciano, veñen acompañados dunha exposición “No sólo duelen los golpes” que estará na Casa das Letras desde o día 24 de novembro até o día 7 de decembro.