Máis de 200 persoas coñecerán esta semana a Mariña e Portomarín con Km0
– Valiño recibiu a veciños de Pol e de Becerreá, os primeiros participantes da terceira semana deste programa, cuxa cuarta tempada arrincou o pasado mes de setembro e coa que a Deputación mantén 3.000 postos de traballo na provincia
– As rutas destes días terán lugar hoxe e o xoves, ó celebrarse o mércores día 5 a festividade de San Froilán
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e o Alcalde de Pol, Lino González Dopeso, recibiron este martes a un grupo da Asociación Culuturaal “Monciro” de Pol e a outro do Centro Social de Becerreá dentro programa medioambiental Km0 que achegará esta semana a catro novos colectivos a diferentes lugares da provincia, confirmando unha semana máis o poder de convocatoria desta iniciativa da Deputación, incluída no programa europeo Lug02.
Tras seren recibidos polo Deputado, a asociación da Terra Chá tivo a oportunidade de coñecer o Concello de Cervo, onde percorreron o “Paseo dos Namorados”, que remata nunha fermosa catarata, desfrutando das impresionantes vistas que ofrece, ó tempo que descubriron a fábrica de Sargadelos, todo elo declarado Conxunto Histórico Artístico. Tamén fixeron un percorrido pola localidade mariñana de San Cibrao.
Pola súa banda, os usuarios do Centro Social de Becerreá, redescubriron a variada riqueza que ofrece o Miño, xa que logo de admirar o contorno do río ó seu paso pola capital luguesa na zona dos Robles, desprazáronse ó Concello de Portomarín onde, tras repoñer forzas, pasearon polos arredores do Clube Náutico, visitaron as igrexas de San Pedro e de San Xoán e achegáronse á gastronomía típica da localidade, descubrindo os segredos da fabricación da afamada tarta.
O xoves será a quenda dos membros da Asociación Cultural “Os Malugreiros” de Baralla, que accederán pola ponte cara á Illa Pancha (Ribadeo), onde poderán visitar o fermoso faro, antes de dar un paseo cara ó castelo de San Damián, exemplo único de arquitectura militar, e pasear polo casco histórico da vila de ribadense.
Tamén o casco histórico da localidade mariñana será obxecto da visita da Asociación de Mulleres de Labrada, de Guitiriz que, ese mesmo día, combinarán un paseo en barco pola súa ría, non sen antes coñecer a ribeira do Miño en Lugo, ó seu paso polos Robles.
Lugo para todos os gustos
As 127 rutas que transcorren polos 67 Concellos da provincia co fin de levar novos ingresos á totalidade dos municipios lucenses mediante visitas guiadas, permiten redescubrir as riquezas dos seus recunchos. Tendo en conta a diversidade dos participantes, a Deputación ofrece tres modalidades de Km0: Km0 tradicional, con 88 rutas polas Comarcas da provincia; Km0 Xtreme, que ofrece 25 alternativas de multiaventura e deporte (viaxes en helicóptero, globo, rutas a cabalo, bicicleta de montaña, tiro con arco, escalada, vela, catamarán, kaiak, esquí náutico, surf, windsurf…); e Km0 a Compostela, que máis aló do Ano Santo, promociona as rutas do Camiño ao seu paso pola provincia, incluídos os do Inverno e da Costa.
Todos os interesados en participar poden inscribirse chamando ós teléfonos 982-260-074 e 982-260-075 ou entrando en www.deputacionlugo.org e acceder ó espazo Km0 dende a portada cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. Para efectuar o pago de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e solicitantes individuais e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas (agás colexios e institutos públicos, exentos de pago), os interesados dispoñen de 3 modalidades de pago: en persoa, no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos), en calquera sucursal de Nova Caixa Galicia (co número de conta 20800152663110001425) ou dende a páxina web da Deputación. Os que escollan estea modalidade desfrutarán dun desconto do 10% do custo total.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



