Nota de prensa:
Lourenzá acolleu hoxe un taller de emprego no que se asentaron as pautas na procura de traballo
Durante o acto organizado por Novas Xeracións da provincia de Lugo, unha psicóloga explicoulle á xuventude como afrontar unha entrevista de traballo ou como elaborar un currículo vitae
Outubro 15-10-2011.- A psicóloga Cándida Rodríguez Ferro impartiu esta mañá en Lourenzá un taller de emprendemento e procura de emprego no que participaron máis de medio centenar de mozos. Durante o acto organizado por Novas Xeracións da provincia de Lugo, a psicóloga explicoulle á xuventude como afrontar unha entrevista de traballo ou como elaborar un currículo vitae. O taller de emprendemento e procura de emprego tamén se centrou noutra serie de cuestións de gran importancia á hora de buscar traballo. Entre os aspectos nos que se fixo incidencia durante a charla informativa estiveron o coñecemento das calidades emprendedoras, as fontes de emprego ou o poder da imaxe.
Neste segundo taller de emprendemento e procura de emprego organizado por Novas Xeracións, xa que ven de celebrarse outro en Vigo, estiveron presentes representantes da agrupación político xuvenil, entre eles, o secretario xeral de Novas Xeracións de Galicia, Juan Francisco López Prieto e o presidente provincial da agrupación, Daniel Vega. Tamén se desprazaron ata Lourenzá o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro; o candidato ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez; o secretario do Parlamento, Jose Manuel Balseiro; e a deputada parlamentaria, Emma Álvarez Chao. Tampouco faltaron o rexedor de Lourenzá, Vidal Martíñez-Sierra, e o seu homónimo en Foz, Javier Castiñeira.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado felicitou a iniciativa de “marcarse xornadas de emprendemento, un dos eixes estratéxicos do Plan Xuventude 2013”. Ovidio Rodeiro tamén fixo fincapé na participación xuvenil, a que cualificou de “moi importante”. Dentro deste ámbito, o popular destacou o programa Iniciativa Xove.
O presidente provincial de Novas Xeracións da provincia manifestou o seu “orgullo” de dirixir “unha formación tan activa como Novas Xeracións”. Así, lembrou que “interesanos o emprego, imprescindible para propoñernos un proxecto de vida”. Vega pediu un goberno de cambio, tal e como “aconteceu no 1996”.
O secretario rexional da agrupación fixo referencia ao foro de emprendedores que se ven de celebrar en Vigo, onde “se asentaron as fórmulas para crear unha empresa, e hoxe en Lourenzá déronse as pautas para intentar conseguir un emprego”. Segundo López Prieto “ao programa deseñado por Novas Xeracións preocúpalle o emprego e presenta medidas en torno a el”. De igual maneira, pediu un goberno de “reformas, non de recortes”.
Por último, o candidato ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo intentou sementar “a esperanza no medio da desilusión”. Segundo García Díez “as cifras son dramáticas, pero hai oportunidades” e animou aos xóvenes a “buscalas e educar a mentalidade e a cultura do emprendedor”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



