Nota de prensa
Fraga afirma que apertura do porto de Alcoa xeraría 400 empregos.
“Só o BNG garante a presenza da Mariña en Madrid”, afirma Estoa.
Veiga presenta a candidatura do BNG coma a equipa da casa.
O Bloque Nacionalista Galego presento na xornada de hoxe, nun acto que se desenvolveu no Dique Norte do Porto de Alcoa, os seus candidatos ao Congreso e ao Senado en representación da Comarca da Mariña nas listas electorais pola circuscripción de Lugo.
Segundo indicou Antonio Veiga, Portavoz Comarcal do BNG e Vicepresidente da Deputación de Lugo, “as listas do BNG son un espello do que é a sociedade da Mariña, os homes e mulleres que fan parte delas son unha representación dos territorios da Comarca, dos diferentes sectores sociais, persoas con capacidade contrastada no seu ámbito profesional e que acollen persoas vinculadas ao ámbito social e institucional”. Os mariñaos que forman parte das candidaturas do BNG son Federico Gutiérrez Estoa, Arquitecto técnico e Alcalde de Riotorto, Susana Riveira Fernández, de Vicedo, Sindicalista da C.I.G,Dores Fernández Abel, Profesora de Secundaria e Presidenta da Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo. A candidatura ao Senado contará coa presenza Bernardo Fraga Galdo, Arquitecto Técnico e Tte. de Alcalde de Viveiro, Ana Ermida Igrexas Avogada e Xerente do G.D.R. da Mariña e Xosé López Hermida, Profesor de Secundaria e Concelleiro en Xove. O Portavoz Comarcal do BNG rematou a súa presentación do que el deu en chamar o equipo da casa, afirmando que “o 20 de novembro non se trata de escoller entre Rajoy ou Rubalcaba, trátase de escoller entre o equipo da casa ou a procesión dos caladiños submisos ante as ordes dos partidos de ámbito estatal”.
O Tenente de Alcalde de Viveiro, Bernardo Fraga, indicou que “non é casual que o Bloque Nacionalista Galego escollese o dique norte do Porto de Alcoa para presentar a súa candidatura ás vindeiras eleccións xerais, posto que este local simboliza a perfección as potencialidades da nosa Comarca, o traballo que os nacionalistas levamos adiante en Madrid en prol desta Comarca, o que os nacionalistas queremos para esta comarca e sobre todo o que os nacionalistas imos a facer coa Mariña a partir do próximo 20 de Novembro” para continuar afirmando que “segue sen abrirse ao tránsito comercial a pesar do que a súa posta en funcionamento só significaría un investimento de 9 millóns de Euros, menos da metade das xubilacións dos directivos das caixas galegas” a pesar dos importantes beneficios que xeraría para o conxunto da actividade produtiva na Mariña nomeadamente na mellora da competitividade e productividade das diferentes esferas da actividade económica até o punto de que a súa posta en funcionamento significaría a creación de preto de 400 empregos directos tal como se recolle nos propios estudos que ten elaborado Portos de Galiza.
O Alcalde de Riotorto, Federico G. Estoa que tamén tomou a palabra para fechar o acto comezando por destacar que “só o BNG garante a presenza da Mariña en Madrid e que só A Mariña está presente en Madrid co BNG. E é necesaria a nosa voz alí precisamente nun momento que se pretende reducir as cotas da pescada para a nos a flota, cando se coloca ao complexo agrogandeiro nunha fase terminal até o punto de que os nosos labregos están a regalar literalmente os xatos pintos porque non teñen prezo de mercado, cando se procede a poda dos servizos públicos coa inminente supresión da area sanitaria da mariña ou de moitas unidades educativas, cando se nos negan servizos como o xulgado do social ou se sitúa o ISM en Lugo”. Nesta liña o Alcalde de Riotorto que reclamou a posta en marcha dun servizo de cercanías ferroviarias entre Vicedo e Ribadeo, fixo especial fincapé na “importancia dos comicios marcados por unha xestión da crise que empobrece as maiorías sociais e aumenta as desigualdades territoriais, no que só o BNG aparece en Galiza como dique de contención contra a vaga reaccionaria de PP e PSOE”





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



