Nota de prensa
CERVO
O BNG PRESÉNTASE AS ELECCIÓNS XERAIS COMO A ÚNICA ALTERNATIVA ÚTIL PARA GALIZA
Os nacionalistas repartiron no mercado de San Cibrao información sobre as súas propostas para o 20-N
Para os nacionalistas as solucións á crise non é ir mais á dereita, a solución é galega e de esquerdas
Cervo, 27 de outubro de 2011. O BNG de Cervo informou hoxe no mercado de San Cibrao sobre as propostas do Bloque Nacionalista Galego de cara ás eleccións Xerais do 20 de novembro. Os nacionalistas chamaron á participación da xente nestas eleccións apostando por a “única alternativa útil para Galiza fronte ás políticas dos recortes sociais aplicadas tanto por PP como PSOE. “É evidente que Galiza existe no parlamento do estado dende que o BNG chegou a este foro no ano 1996 xa que outros nin falan de nos nin o van facer no futuro”, sinalou o portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, Os nacionalistas quixeron deixar claro que o BNG é o equipo da casa e débese apostar por el xa que canta mais forza teña o BNG en Madrid, mellor lle irá a Galiza.
Somos o equipo da casa e hai que apostar por el por ser a única alternativa útil para Galiza
No reparto informativo realizado hoxe no mercado de San Cibrao participaron entre outros o responsábel local, Ramón Luís Bernardo Insua, Xorxe Caldeiro, membro do Consello Local e Xoán Antón Estúa, portavoz municipal. Os nacionalistas informaron da necesidade de participar nas eleccións xerais do 20-N optando pola única opción útil para o país fronte a outras que durante anos foron a Madrid esquecendo as circunscricións polas que se presentaban, para Xoán Estúa “so a presenza do BNG en Madrid garante que alí se fale dos problemas do pais como ven sucedendo dende fai 15 anos dende que o BNG accedeu ás cortes xerais do estado”
A solución no é ir aínda mais á dereita: a solución é galega e de esquerdas
Para o BNG a solución á actual situación económica non é ir mais á dereita, hai moitas cousa por facer dende unha óptica de esquerdas e en clave galega. Os nacionalistas propoñen a realización dunha política fiscal xusta, que grave ás rendas mais altas en contraposición á suba de impostos indirectos que gravan ao conxunto da cidadanía por igual sen importar o seu nivel de rendas. Hai que suprimir as deputacións ou eliminar ministerios cuxas transferencias xa están cedidas ás comunidades autónomas. Evidentemente hai que voltar á economía produtiva no canto da especulativa que nos levou a esta situación económica e reforzar a capacidade de autogoberno, non pode os partidos españolistas aproveiten a situación económica para facer recentralizacións que non son solución, senón que forman parte dunha posición ideolóxica contraria á actual organización territorial do estado.



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



