Nota de prensa
ADEGA E A DELEGACIÓN DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE LUGO PROMOVEN O DEBATE SOBRE O DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DE BARREIROS
Lugo, a 27 de Octubro do 2011.- A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e o Colexio de Arquitectos de Lugo (COAG) organizan conxuntamente un ciclo de conferencias e mesas redondas, que comezará mañá venres, día 28 de outubro, e no que se vai a abordar a problemática da xestión do territorio en relación co urbanismo, baixo o título TERRITORIO E URBANISMO. O CASO BARREIROS. Tal e como fai referencia a denominación do ciclo de charlas, poñerase unha especial atención a toda a problemática urbanística, social, ambiental e xurídica creada arredor do caso de Barreiros, e pola que ADEGA xa presentou varios recursos nos tribunais e denuncias diante da Fiscalía.
Ambas as dúas organizacións pretenden poñer de relevo a importancia que ten a ocupación e xestión do territorio, por tanto, non só constitúe unha das señas de identidade dun pobo, senón que ademais inflúe de forma determinante en todos os aspectos do futuro socio-económico e de xustiza social da sociedade. Non hai actividade económica nin social que, dunha forma ou doutra, non necesite do territorio, xa sexa como lugar de asentamento (industria, urbanismo e todo tipo de infraestruturas e servizos), como elemento produtivo (produción agrogandeira ou minaría)ou de conservación dos recursos naturais e da biodiversidade (medio ambiente).
A primeira cita con este ciclo de charlas terá lugar mañá venres, día 28 de outubro, ás 8 da tarde, no Salón de Actos dos locais de Sindicatos na Ronda da Muralla. Baixo o título URBANISMO E ARQUITECTURA, abordaranse distintos aspectos do planeamento urbanístico municipal en relación coa xestión do territorio, a arquitectura e a calidade de vida. A exposición das distintas ponencias correrán a cargo de Ramón Lueje, xeógrafo, urbanista e ex Director Xeral de Urbanismo no goberno bipartito; Xoán Pinto Tasende, arquitecto e representante do Observatorio Galego do Territorio; Raúl Veiga, arquitecto e presidente da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Lugo; e Daniel López Vispo, representante da organización ecoloxista ADEGA.
A segunda conferencia-debate está programada para o día 4 de Novembro, tamén ás 8 da tarde, no Edificio de Sindicatos. Desta volta, estará dedicada ao DEREITO E URBANISMO e participarán nela os profesores de Dereito Administrativo na USC, Fernando Abel e Alba Nogueira e o Secretario do Colexio de Arquitectos de Lugo,J. Luis Sanmiguel. Todos eles analizarán os problemas xurídicos da xestión urbanística, con especial atención ao novo marco xurídico que se pode iniciar coa aplicación das figuras do Plan Sectorial e dos proxectos sectoriais ao ámbito da urbanización do solo.
O ciclo de conferencias acabará cunha mesa redonda na que participen os voceiros parlamentarios no ámbito da ordenación do territorio e na que estes expoñerán o modelo urbanístico que cada grupo político elixido no Parlamento quere conquerir, así como o marco xurídico e a regulación xurídica coa que pretenden abordar a xestión e desenvolvemento de cada modelo. A data desta mesa redonda será posterior ás elección do 20 de novembro, e por este motivo aínda non se pode concretar.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



