Nota de prensa:
O PSdG-PSOE de Foz explica que non considera oportunas as criticas do Alcalde de Foz sobre a ausencia do portavoz socialista e ex-Alcalde José María García Rivera, que esta disfrutando de uns días de vacacións, o último pleno celebrado no Concello, dicindo que como se ía falar de contas el non se presentaba.
Non esta de mais recordar que esas contas foron presentadas en comisión informativa, dilixenciadas e preparadas polo Sr Rivera durante o seu mandato, e que si tanto descontento ten de elas o Partido Popular podía haberse abstido na votación e deixar que saísen adiante solo cos votos do PSOE.
Hai que ter en conta que durante o tempo que o Sr Rivera presidiu o concello de Foz sempre se presentaron as contas aos organismos oficiais, Consello de Contas de Galicia e Tribunal de contas do Estado e sempre foron aceptadas por estes sen ningún problema.
Polo que non entendemos a que ven ese xogo, a sensación que están dando vai en liña co desorde, coa improvisación e co abandono que están sufrindo os servizos públicos do pobo, tal como o peche da casa da xuventude en agosto ou a biblioteca polas tardes, as deficiencias nos alumeados públicos, o situación de abandono na que están as parroquias, a falta de limpeza en moitas zonas do concello, os recortes en materia sanitaria que se están producindo co seu beneplacito etc, etc, abocándonos a unha situación insostible si non reaccionan e se poñen en serio a gobernar de unha vez o Concello.
Confirmamos tamén que o PSOE mantense firme na súa decisión de esixir para Foz unha terceira escola infantil, porque consideramos que existe a suficiente demanda de prazas para que sexa posible a viabilidade do proxecto, e que si como suxerimos en algunha ocasión se utilizase a antiga escola unitaria de Vilaronte non se trataría de unha nova construcción senón da remodelación de un edificio xa existente para destinalo a tal fin.
O PSdG-PSOE de Foz participou este sábado na concentración e posterior manifestación que se celebrou en defensa da Sanidade Pública e contra os recortes que se están producindo no noso concello en esta materia, coa supresión do horario nocturno da ambulancia asistencial e coa supresión do medico de urxencias de pola trade prevista en breves, porque entendemos que os servizos básicos non poden ser desmantelados.



















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



