Nota de prensa
Debate no Parlamento
OS SOCIALISTAS RECLAMAN UN “GRAN DEBATE SOCIAL, TRANQUILO E SOSEGADO” PARA REALIZAR UNHA NOVA LEI DO URBANISMO DE GALICIA
-O portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Socialista Ismael Rego denunciou “que en Galicia hai ducias de sentencias xudiciais pola mala aplicación da lexislación urbanística da nosa Comunidade, por non cumprila”
-Reclama unha lei mais sinxela, que sexa un motor incentivador para que os Concellos poidan facer PXOM “con responsabilidade e con tranquilidade”
-Denunciou que os servicios xurídicos da Comunidade Autónoma non emiten informes, senón a Secretaria Xeral de Urbanismo “polo tanto “informe de parte” sobre o urbanismo da nosa Comunidade, deixando aos cidadáns e as institucións en absoluta inseguridade xurídica”
-O PP rexeitou no Parlamento, manter e defender os recursos presentados polo Goberno Galego, na defensa do cumprimento da lexislación urbanística de Galicia, e remitir ao Parlamento os informes xurídicos que sustentan os acordos por parte do Goberno, para a retirada dos recursos contenciosos por incumprimentos de legalidade urbanística
-Anunciou que o PSdeG-PSOE esixira que a nova normativa estea blindada por unha maioría de 2/3 da Cámara, para realizar unha futura modificación
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2011. O portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Socialista Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica, para defender unha moción, na que reclamou un Informe da situación do urbanismo de Galicia, amais de manter e defender os recursos presentados polo Goberno Galego na defensa do cumprimento da lexislación urbanística da Comunidade “con independencia do color político de quen os teña presentado”.
Na proposta Rego solicitou tamén os Informes xurídicos que sustentan os acordos do Goberno, para a retirada dos recursos contenciosos por incumprimentos de legalidade urbanística. Replica ademais que estes informes están realizados polos servicios xurídicos profesionais que pagan tódolos galegos “cos nosos impostos”. “Queremos que saber que informes sustentan as retiradas dos recursos, xa que eses servicios profesionais da Comunidade son os mesmos que antes aconsellaron presentalos”, espetou .“Porque imaxinamos que serán eses, non haberá ningún outro?”, preguntou.
Na súa intervención Rego denunciou “que en Galicia hai ducias de sentencias xudiciais pola mala aplicación da lexislación urbanística da nosa Comunidade, por non cumprila”. Asegura ademais que esta nefasta xestión “conleva destrozos importantes en todo o territorio, tanto na Costa, no Interior, no Rural e nas cidades”, e insistiu “non queda practicamente ningún sitio onde os tribunais de Xustiza non se teñan pronunciado”. E incluso aludiu que a Xustiza “tira abaixo PXOM como os da cidade de Ourense”. Por iso o deputado cualifica esta situación como “pouco gratificante”.
Rego dixo que o “territorio, xunto cos galegos e as galegas, é o noso principal activo de futuro”.
Solicitou tamén elaborar unha nova Lei de ordenación urbanística de Galicia. Nese senso enviou unha mensaxe de ao Goberno de Feijoo “este é un bo momento para iniciar un gran debate social, tranquilo e sosegado sobre a Reforma da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia”. O deputado socialista reclamou consenso e a máxima complicidade social e institucional, “xa que teñen que aplicala o conxunto da administración de Galicia”.
Lei de Protección do Medio Rural de Galicia, “un gran erro”
O portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo dixo que a Lei de Protección do Medio Rural de Galicia, impulsada por Xose Cuiña, mantiña espacios para a discrecionalidade na súa aplicación, algo que cualificou como “un gran erro”. E insistiu en que nesta Lei “todo estaba prohibido e permitido para actuar sobre o territorio, salvo que decídese de xeito contrario, ou ben o Director Xeral, o Conselleiro ou o Consello da Xunta”.
Asegura que o resultado desta política “vivímolo e vémolo hoxe tódolos galegos”. Por iso reclama unha lei mais sinxela, que sexa un motor incentivador para que os Concellos poidan facer PXOM con responsabilidade.
Rego denunciou que os servicios xurídicos da Comunidade Autónoma non emiten informes, senón a Secretaria Xeral de Urbanismo “polo tanto informe de parte sobre o urbanismo da nosa Comunidade, deixado aos cidadáns e as institucións en absoluta inseguridade xurídica”, replicou.
Sanxenxo
Dixo que a actual responsable do urbanismo de Galicia sabe moito de este tema “solo hai que darse unha volta por Sanxenxo”, ironizou.
Ademais anunciou que o PSdeG-PSOE esixira que a nova normativa estea blindada por unha maioría de 2/3 da Cámara, para realizar unha futura modificación.
Na moción presentada o PP rexeitou, dous puntos da moción, nos que reclamaba manter e defender os recursos presentados polo Goberno Galego, na defensa do cumprimento da lexislación urbanística de Galicia, e tamén remitir ao Parlamento os informes xurídicos que sustentan os acordos por parte do Goberno, para a retirada dos recursos contenciosos por incumprimentos de legalidade urbanística
TEXTO APROBADO NO PARLAMENTO POR UNANIMIDADE:
1-Remitir ao Parlamento de Galicia no actual período de sesións un Informe sobre a situación do urbanismo de Galicia, as medidas e actuacións adoptadas ao respecto e o seu resultado.
2- Impulsar o cumprimento do previsto no acordo unánime do Pleno do Parlamento, doa día 9 de febreiro de 2010, para a elaboración dunha nova Lei de ordenación urbanística de Galicia.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



