Nota de prensa
“Nova lexislatura, idénticas actitudes”
Grupo provincial do Partido Popular fixo hoxe balance dos 100 primeiros días de goberno na Deputación asegurando que se repite o esquema da pasada lexislatura
Segundo Barreiro mantense a bicefalia, o sectarismo e o interese partidista
Lugo, a 4 de outubro de 2011.- “Nova lexislatura pero idénticas actitudes”. Así resumiu José Manuel Barreiro, voceiro dos populares na Deputación, os cen días de goberno provincial durante unha comparecencia na que estivo acompañado por outros deputados provincias do seu grupo.
Segundo asegurou, mantense a bicefalia, o mesmo reparto interesado de competencias e orzamentos entre PSOE e BNG; o sectarismo, posto que as portas da Deputación seguen pechadas para moitos alcaldes da provincia que militan no Partido Popular; e o interese partidista sobre o xeral, porque o único que importa é acadar rédito electoral a costa do que sexa.
En opinión do GPPP, a Deputación, pese a súa vocación de concello de concellos, non lidera iniciativas encamiñadas a apoiar ós municipios e axudalos a afrontar a difícil situación económica na que se atopan. “Os grupos que sostentan o goberno provincial negáronse a requerir ó Goberno central o aplazamento da devolución dos adiantos percibidos do Estado, pese o grave perxuizo que esta obligación suporá para eles e para a propia administración provincial, e inhibese á hora de propoñer ós municipios accións conxuntas encamiñadas a unificar servizos que lles permitan garantir a calidade da prestación e reducir custos”, explicou Barreiro.
“A Deputación dá as costas as administracións máis próximas ós cidadáns, obrigando ós concellos a tomar a iniciativa; e eso que o seu presidente asegurou no discurso de investidura que a cooperación e asistencia ós concellos sería a súa prioridade”, lembrou. “Unha vez máis do dito ó feito, hai un treito”, enfatizou.
A CONTRACORRENTE
Unha circunstancia que para os populares demostra que a Deputación vai a contracorrente co que propugnan e fan outras administración (puxo coma exemplo á Xunta) e mesmo demanda os propios concellos.
“A Deputación négase a apoiar a quen debe e quen llo demanda pero non ten reparo en esixir implicación a outras administracións, como é o caso da Xunta de Galicia, coas que nin sequere estableceu contacto”, insistiu Barreiro, quen sacou a colación a rexeitamento do que foi obxecto a moción presentada polo seu grupo en marzo de 2011 para que Xunta, Deputación e concellos concertaran a posta en marcha das residencia da terceira idade que pretende construir a administración provincial. “Daquela, próximas as eleccións municipais, non interesaba que as administracións implicadas colaboraran; agora pretende obrigar á Xunta a participar na súa financiación pese a que non foi informada sobre este asunto”. Un caso semellante, segundo dixo, ó da graxa Gaioso Castro e no que tamén se pode enmarcar o Lugo Emprega.
“Os tres foron presentados pouco tempo antes da celebración das municipais e, como dixemos daquela e o tempo nos deu a razón, tiñan como obxectivo acadar un rédito electoral. Agora, pasadas as eleccións, xa non preocupa a sorte que corran os traballadores adscritos ó Lugo Emprega. Como xa denunciamos no seu día, ademais de atentar contra a autonomía municipal, o plan non tiña como obxectivo crear emprego estable e de calidade; nin se sopesou sequera darlle continuidade nin sequera buscar a colaboración entre institucións para sumar recursos e acadar así mellores resultados”, explicou.
Barreiro ironizou sobre a posibilidade de que agora Besteiro tamén “lle anote” á Deputación o incremento do desemprego rexistrado na provincia de Lugo o pasado mes de setembro.
Tamén denota a nula aposta polo emprego o feito de que non se incentive a creación de chan industrial. “A pasada lexislatura non se abriu ningún polígono industrial novo e eso que a planificación viña do 2006. Tanto é así que concellos como o de Burela están agardando a que se mova a primeira pedra e no de Paradela principian agora as obras cando xa tiña que estar operativo”.
Os populares tamén detectan “electoralismo” no feito de que a proposta efectuada en xuño de 2010 polo seu grupo para constituir unha xunta de compras que permitira aforrar custos fora rexeitada. “Daquela a proposta non valía pero despois Gómez Besteiro non tivo reparo en incluíla no seu discurso de investidura como parte da súa folla de ruta. Certo é tamén que, polo momento, aínda non sabemos nada dela”, apuntillou.
Barreiro tamén reprochou ós nacionalistas a incoherencia da súa posición sobre a nova caixa galega, posto novamente de manifesto no transcurso do último pleno provincial. Lamentou a este repecto que a Deputación non aproveitara as oportunidades xurdidas para sumar esforzos coa Xunta de Galicia e respaldar o proceso de constitución dunha nova caixa.
MÉRITOS IMPROPIOS
Os populares tamén criticaron que a Deputación pretenda apropiarse “en exclusiva” da posta en marcha dos parques provinciais de bombeiros. “Parece que o equipo de goberno provincial tivo un ataque de amnesia”, dixo, ó tempo que lembrou que a iniciativa “desbloqueouse” coa chegada do PP á Xunta.
Tamén recomendou a socialistas e nacionalistas “non poñer o carro antes que os bois” coa instalación da empresa Pacadar en Monforte. “A súa implantación depende dunha axuda do Igape e mellor non adiantarse en exceso ós acontecementos porque o PSOE xa a comprometera en 2007 e dicía que en 2009 xa ía a estar en funcionamento”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



