NOTA DE PRENSA
A campaña “As compras na túa vila teñen premio” remata en Burela con gran éxito
A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Lugo e o Concello de Burela, celebraron esta tarde o Acto Final da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, tivo lugar en Burela entre o 17 e o 28 de outubro.
Comerciantes e consumidores de Burela acolleron a iniciativa con grande entusiasmo, recolléndose na urna habilitada para o sorteo máis de 16,800 boletos, o que significa un grande éxito de vendas e participación.
O acto final da campaña tivo un atractivo programa de actuacións para nenos e adultos durante todo o día. Pola tarde, actuou en directo a cantante Mariana, e a continuación tivo lugar o sorteo de 3.000 euros en premios (dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros). O sorteo contou coa asistencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; o concelleiro de Comercio, José Casas; e o Xefe Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, José Manuel Vázquez Leirado; entre outros.
A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” estivo organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Nesta edición, ademáis da xa rematada en Burela, na provincia de Lugo terá lugar tamén en Chantada entre o 14 e o 25 de novembro






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



