Sobre a educación
Vaia unha se esta montando estes días sobre o tema de educación. O que estou entendendo desde a miña humilde opinión, e que todo isto prexudica os nosos fillos. Que son os que se están formando po día de maña, do que se di que vai ser moi duro.
Nas ultimas reunións as que asistín non colexios de primaria e secundaria no Valadouro, o 90% do tempo so se falou do problema que teñen os profesores cos rebaixes que lles fan, creo que nos non temos culpa e menos os alumnos. Tamén hai empresas que cerran e algúns dos pais dos seus alumnos quedaron sen traballo.
Quéixanse tamén de que os colexios, poden que se xunten, que a ESO pode que cerre e tamén piden apoio os país. Descoñezo se os profesores apoian dalgunha forma algúns dos postos de traballo e empresas que teñen o seu arredor que tamén peligran.
Eu sinceramente non sei que clase de formación lles van dar vos nosos fillos, se e que a queren adquirir, xa que a educación e a nosa obriga como país dérllela. Nas reunións as que acudin non se falou nada diso, parece ser que non hai proxectos, ilusións nin propósitos novos no ensino do Val. So sei que non vai haber excursións nin nada que se poida estender fora dás horas lectivas. Preguntome como pensan salvar os colexios do val? Creo que non temos aulas dixitalizadas nin perspectivas de telas (nos tempos que corren) e penso que as conexións eléctricas tamén deixan bastante que desexar. Se os colexios non tan preparados e os profesores non están formados profesionalmente, xa que cando algúns deles estudaron non existían os sistemas de aprendizaxe que hai agora, por iso e, que existen xornadas de formación para profesores. Porque o saber non ocupa lugar, e un prestixio po colexio e un orgullo pos país contar cunha voa formación pos nosos fillos, (eu son dos que digo que nunca se sabe bastante e que todos os días se aprende algo novo) . Se isto non ocorre os nosos fillos terán que ir a outros centros próximos ou lexanos que lles dean todas as oportunidades que teñen noutros colexios públicos.
Imaxino que seguramente ai aspectos nos cales, deberíamos felicitar os colexios, pero non nos informan deles. De todas formas parabéns.
Alfoz, Outubro 2011



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



