Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que na estrada dende a praia de LLAS a praia de PEIZAS como consecuencia de que o seu ancho do firme de rodadura é moi limitado, estanse a producir numerosos accidentes de tráfico, polo que UNIFOZ, considera que é necesario e urxente se tome algún tipo de medidas para dar solución a esta situación. Por todo isto
SOLICITA:
Que por parte do E.Goberno se inclua unha partida nos presupostos do ano 2012 coa finalidade de proceder a ampliar o ancho do firme da estrada mencionada.
——–
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercizo do Dereito Fundamental, recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que a parroquia de Cordido, é a única parroquia do Concello que non dispón de un so metro de firme en agromerado en quente nas súas estradas, algo que consideramos discriminatorio con referencia a outras parroquias do Concello.
Así mesmo, UNIFOZ, considera que a sinalización desta parroquia na carretera Cangas –Ferreira e moi deficitaria por non decir nula. Por todo isto
SOLCITA:
Que por parte do E. Goberno se inclúa unha partida nos presupostos do ano 2012 coa finalidade de proceder á reposición do firme en agromerado en quente do vial principal de acceso a Cordido.
Así mesmo solicitamos que se dirixan a Xunta de Galicia para solicitar sinalización vertical na estrada de Cangas – Ferreira da parroquia de Cordido.
———-
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que no deficitario programa de limpeza viaria non se está incluido e por conseguinte non se procede a limpeza das rúas de dúas zonas que consideramos tiñan que ter o mesmo tratamento que o núcleo de Foz, como son MARZÁN e VILAXOANE.
Así mesmo o servizo de recollida de lixo tamén discrima estas zonas no que se refire a recollida diaria, algo que consideramos discriminatorio e insuficiente. Por todo isto
SOLCITA:
Que por parte do E.Goberno se execute a limpeza das rúas e recollida de lixo en MARZÁN e VILAXOANE coa mesma intensidade e da mesma forma que se fai no núcleo de Foz.
———-
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside
Presentamos o seguinte ROGO:
1.-A limpeza viaria, así como o coidado e mantemento urbán de parques e xardíns, praias e fontes públicas, ten que ser unha prioiridade ao longo dos 365 días do ano, e de forma moi especial os paseos marítimos que son un elemento turistico para o noso Pobo, por todo isto temos que ROGARLLE, tome as médidas oportunas para proceder a baleoirar e limpeza da papaleiras do paseo de Cangas (Riosmar), así como Paseo de Arealonga , Pampillosa e Paseo Peizas-Rapadoira., neste senso sería bo se planificara este proceso cunha certa periocidade, para non ver imaxes tan negativas como se ven na actualidade.
Moción 15
——
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que fai uns días escoitamos nos medios de comunicación que o E. Goberno non contestaría aos requerimentos da Deputación Provincial no que se refire a remisión de documentos para proceder a contratación de realización de proxecto para a posterior construcción dunha Residencia para Maiores no noso Pobo, atendendo que tanto o proxecto coma a obra terían que facelo a Xunta de Galicia. Por todo o anteriormente exposto
UNIFOZ, presenta esta MOCIÓN para solicitar o seguinte acordo da Corporación Municipal:
– Instar á Deputación Provincial para cambio de finalidade da partida do Plan Especial de obra pública asinado co Concello de Foz de realización de proxecto de Residencia de Maiores para Foz, por ampliación de Servizo de Axuda no Fogar para o Concello de Foz.
– Instar a Xunta de Galicia, para incluir no proxecto orzamentario do ano 2012 unha partida para a realización de proxecto e obra de construcción dunha Residencia de Maiores para Foz, nos terreos cedidos para tal fin polo Concello de FOZ.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



