Nota de prensa
ANA ERMIDA ESIXE A FEIJÓO QUE RETIRE O COPAGO DA SANIDADE GALEGA
A Candidata do BNG considera obsceno cobrar 249,36 euros por recibir unha atención en urxencias
A nacionalista esixe que restabeleza a tarxeta sanitaria para xubilados e desempregados sen prestación
Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego da que facían parte cargos institucionais e orgánicos da formación nacionalista así como Candidatos e Candidatas ao Congreso e ao Senado, da que facían parte entre outros Dores fernández Abel e Ana Ermida Igrexas, participaron na xornada de hoxe dun reparto no Mercado de Ribadeo, onde divulgaron a alternativa nacionalista entre os asistentes e divulgaron as propostas dos nacionalistas en materia de servizos públicos.
Ermida denunciou os decretos do DOG de 8 de Outubro e de 9 de Novembro“ na medida que tanto un coma outro implantan de facto o copago e apartan do servizo público de saúde a milleiros de galegos e tamén de mariñaos. Estamos diante dunha decisión sen precedentes e que significa retrotraerse máis de 50 anos atrás en materia sanitaria. Non imos consentir nin que se proceda a fixar prezos públicos para a prestación de determinados servizos médicos e aínda menos que en función dos ingresos se permita a exclusión do sistema daquelas persoas que máis precisan atención sanitaria”. A este respecto a candidata nacionalista informou que “o Decreto de Outubro exclúe do dereito a médico de cabaceira a todas aquelas persoas en situación de desemprego que non están a cobrar prestación así como aquelas xubilados sen dereito a pensión o que polo tanto os deixa sen posibilidade a facultativo que lles faga seguimento ou a posibilidade de que se lles recete pois isto só o pode facer o medico de cabeceira. Asemade os colectivos anteriormente citados así como os inmigrantes fivan excluídos da tarxeta sanitaria”.
Segundo afirmou Ana Ermida , “o goberno galego sitúa de novo a Galiza á cabeza de algo, sitúao á cabeza da destrución da sanidade pública, sendo a primeira das comunidades autónomas que fixa a través dun decreto prezos públicos para os usuarios da sanidade, o que deixa sen argumentos as escusas de mal pagador dos membros dos membros da Xunta de Galiza. Neste caso, outra vez a verdade ten un só camiño, e neste sentido retamos ao presidente Feijóo e aos responsábeis do SERGAS a que, se efectivamente, non teñen vontade política de cobrar pola prestación de servizos sanitarios, que publiquen un novo decreto no DOG anulando o recollido no “Decreto 209/2011 do 27 de outubro polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do SERGAS e as fundacións públicas sanitarias”. Na mesma liña, o portavoz nacionalista demandou a retirada da decisión da xerencia do SERGAS na que exclúe da tarxeta sanitaria ás persoas que foron privadas da mesma pola decisión do goberno galego no sentido de que esta medida ao único que contribúe é a colapsar o sistema galego de saúde e aumentar o grupo de persoas afectadas polo Decreto 209/2011.
Ermida indicou que “o Decreto 209/2011, sen ningún tipo de reparo, xa estabelece tarifas para determinados servizos sanitarios, como pode ser 67.22 euros para unha “primeira consulta”, 249.36 euros para “asistencia en urxencias” ou 141.67 euros a “consulta de xinecoloxía” ou a escandalosa cifra de 1000 euros pola primeira utilización de quirófano. Na mesma liña parécenos dunha particular gravidade que se fixen prezos tamén para procedementos cirúrxicos como de colon ou útero, para a que estabelecen unha cuantía de 1423.66 (sen biopsia), ou estracción dunha prótese para os que fixa 3097.18 euros. Isto non o estamos a afirmar nós, isto é o que recolle nos seus anexos o mencionado decreto, que destina máis de 30 das súas páxinas a fixar os custos que o goberno galego quere estabelecer para os servizos sanitarios en Galiza”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



